Detalles do Acordo
Coñece todos os detalles do Acordo
Medidas transitorias
-
O Título II (Disposicións sobre aduanas, imposición indirecta e cuestións comerciais relacionadas) non se aplicará aos movementos de mercadorías iniciadas antes da entrada en vigor do Acordo e finalizados despois
-
As disposicións en relación coa imposición indirecta non se aplicarán ás mercadorías cubertas por un certificado de exención de dereitos de importación emitida por Reino Unido, en relación con Xibraltar, de acordo co Regulamento 8, Parte 3 do Regulamento de Aranceis Integrados de Xibraltar 2017, antes da entrada en vigor deste Acordo
Os operadores que se baseen nestas excepcións deberán achegar documentación que demostre que o movemento de mercadorías comezou antes da entrada en vigor do Acordo ou que o certificado foi emitido previamente. O primeiro apartado deixará de aplicarse dous meses despois da entrada en vigor do Acordo, e o segundo será válido ata o menor de: a duración do certificado ou tres meses tras a entrada en vigor.
-
As mercadorías xa colocadas legalmente no mercado de Xibraltar antes da entrada en vigor do Acordo non estarán suxeitas durante tres meses aos requisitos previstos na normativa da Unión para a posta no mercado das mercadorías. Para beneficiarse desta excepción, o operador deberá demostrar, con documentación, que a mercadoría estaba no mercado de Xibraltar antes da devandita data, incluíndo datos sobre as cantidades afectadas.
-
As mercadorías que estivesen en depósito temporal ou nun réxime aduaneiro especial en Xibraltar antes da entrada en vigor do Acordo continuarán baixo a lexislación do Reino Unido, en relación con Xibraltar sempre que:
-
Non se ultimase o réxime especial e en ningún caso máis alá de dous meses despois da entrada en vigor do Acordo, ou
-
O depósito temporal non finalizase e non máis tarde do vencemento do prazo legal máximo de depósito temporal
-
O que se dispón no Acordo será aplicable ao despacho a libre práctica que ultime o réxime especial e á reexportación desde Xibraltar das mercadorías anteriores