Valor da mercadoría
O valor da mercadoría en aduana será o valor de transacción, prezo de compra máis custos de entrega, no momento de entrada na UE. Coñece as súas características
Casos especiais. Contrato leasing financeiro e vehículos usados
Contrato leassing financeiro
Estamos ante un suposto especial de valoración e, neste caso, ao non existir unha venda propiamente dita, non se pode aplicar o método principal de valoración, o valor de transacción.
Polo tanto, hai que acudir aos métodos secundarios de valoración, en particular, o denominado último recurso, previsto nos artigos 74.3 do Código Aduaneiro da Unión, e 144 do Regulamento de Execución 2447/2015.
A Instrución 1/2004, do 27 de febreiro, da Dirección Xeral da Axencia Estatal da Administración Tributaria, de valoración en aduana das mercadorías (BOE número 63, de 13-3-2004), contén na súa Norma Cuarta, apartado 5, unha detallada exposición do tema, incluíndo fórmulas e axustes que permiten determinar o valor en aduana desta clase de mercadoría.
Vehículos usados
Afecta aos vehículos usados clasificados como tales no capítulo 87 da Nomenclatura Combinada (ollar en clasificar unha mercadoría ); exclúense os vehículos destinados a un uso especializado, así como os modelos de época ou de colección, aos que se aplicará a normativa xeral.
A regra de valoración é distinta en función das situacións que se dean: a importación é consecuencia inmediata dunha venda, non houbo venda inmediata anterior á importación, etc.