Declaración en Aduana
Para declarar a túa mercadoría, consulta aquí como debes facero, as novidades e normativas
Formas de presentación
As declaracións en aduanas e as declaracións de reexportación deben ser presentadas mediante sistemas informáticos axustados ás especificacións que se publican no Portal da Axencia Tributaria.
A declaración deberá presentarse ante a Aduana competente do lugar onde se encontren as mercadorías agás autorización de despacho centralizado ou disposicións nacionais que dispoñan o contrario.
O intercambio electrónico destas declaracións encóntrase descrito nas guías que se mostran na ligazón nesta páxina, segundo trátese de operacións de importación, exportación, tránsito ou vinculación a depósito aduaneiro.
Ademais dos servizos propios de presentación da declaración, o Departamento de Informática Tributaria da AEAT, definiu outra serie de funcionalidades que permiten facilitar o intercambio electrónico de toda a información necesaria para conseguir unha verdadeira aduana electrónica (como servizo web de anexado de documentación en importación, servizo de recepción do tránsito, etc). Para máis información consultar na AXUDA
A transmisión telemática do ficheiro XML realízase a través de Internet mediante servizos web que empregan o protocolo SOAP, co único requisito de estar en posesión do Certificado de Usuario (sinatura electrónica) outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Para máis información sobre a súa obtención e uso, consultar aquí.
É posible coñecer a situación en que se encontra unha declaración aduaneira enviada de forma telemática, sempre que se recibise no sistema de información da Aduana. Para acceder á consulta cómpre ter instalado no navegador un certificado de usuario válido da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Por razóns de seguridade, unicamente poderanse visualizar as declaracións presentadas polo titular do certificado.