Depósito temporal de mercadorías
Saltar índice da informaciónQue é o depósito temporal?
É a situación aduaneira na que se encontran as mercadorías non pertencentes á Unión dende o momento da súa presentación en
alfándega.
Estas mercadorías deberán ser obxecto dunha declaración de depósito temporal, presentada como moito no momento da súa presentación en alfándega, salvo que as mercadorías tivesen sido trasladadas en réxime de tránsito (xa que, neste caso, se poderá considerar que os datos da operación de tránsito fan as veces de declaración de depósito temporal).Así mesmo, a autoridade aduaneira tamén pode aceptar un dos seguintes documentos como declaración de depósito temporal:
- Unha referencia a calquera declaración sumaria de entrada presentada para as mercadorías de que se trate, completada cos datos dunha declaración de depósito temporal.
- Un manifesto ou outro documento de transporte, sempre que conteña os datos dunha declaración de depósito temporal, incluída unha referencia a calquera declaración sumaria de entrada das mercadorías de que se trate.