Depósito temporal de mercadorías
Coñece os prazos de permanencia e procedemento desta situación aduaneira en que se encontras as mercadorías non pertencentes á UE desde a súa presentación na aduana
Que é o depósito temporal?
É a situación aduaneira en que se encontran as mercadorías non pertencentes á Unión desde o momento da súa presentación en aduana.
Estas mercadorías deberán ser obxecto dunha declaración de depósito temporal, presentada a máis tardar no momento da súa presentación en aduana, non sendo que as mercadorías fosen trasladadas en réxime de tránsito (xa que, neste caso, poderase considerar que os datos da operación de tránsito fan as veces de declaración de depósito temporal). Así mesmo, a autoridade aduaneira tamén pode aceptar un dos seguintes documentos como declaración de depósito temporal:
- Unha referencia a calquera declaración sumaria de entrada presentada para as mercadorías de que se trate, completada cos datos dunha declaración de depósito temporal.
- Un manifesto ou outro documento de transporte, sempre que conteña os datos dunha declaración de depósito temporal, incluída unha referencia a calquera declaración sumaria de entrada das mercadorías de que se trate.