Exportación
Coñece quen pode exportar, cando debe presentarse unha declaración de exportación e as guías que che poderán servir de axuda
O réxime de exportación
As mercadorías que saian do territorio aduaneiro da Unión deben estar amparadas por unha declaración previa á saída.
O réxime de exportación aplícase a mercadorías da Unión que:
- vaian saír do territorio aduaneiro da Unión cara a un destino fóra dese territorio, incluído mar aberto ou
- circulen cara a ou desde territorios fiscais especiais (exemplo: saída de mercadorías desde Península con destino as Illas Canarias).
Neste réxime terá a consideración de exportador:
- O particular que transporte no seu equipaxe persoal as mercadorías que vaian ser conducidas fóra do territorio aduaneiro da Unión.
- Fóra do suposto anterior, pode ser exportador toda persoa establecida no territorio aduaneiro da Unión, que estea facultada para decidir e decidise que as mercadorías deben ser conducidas fóra do territorio aduaneiro.
Enténdese por exportación indirecta, os supostos en que as mercadorías sexan despachadas de exportación por unha aduana (aduana de exportación) e abandonen o territorio aduaneiro da Unión por outra aduana (aduana de saída).
Presentarase unha declaración en aduanas de exportación, pero sen inclusión no réxime aduaneiro de exportación, nos seguintes casos:
- perfeccionamento (activo ou pasivo)
- subministracións a buques e / ou aeronaves.