Importación. Introdución dun vehículo nas Canarias e expedición á España peninsular ou ás Baleares
Que debes facer para importar un vehículo nas Illas Canarias ou se chegas no teu vehículo privado?
Introdución definitiva en Illas Canarias
Se introduces definitivamente nas Canarias un vehículo procedente doutro EEMM ou de España peninsular ou Illas Baleares, deberás presentar no ámbito VEXCAN unha declaración de introdución para a liquidación dos tributos do Réxime Económico Fiscal (REF.), isto é, para a liquidación do IXIC.
Sí. Para acollerse a esta exención deberase presentar o DUA e cumprir os seguintes requisitos:
- Ser persoa física e trasladar a residencia habitual a Canarias
- 6 meses de posesión e utilización do vehículo polo interesado no lugar da súa antiga residencia antes do traslado
- Permanencia na anterior residencia durante 185 días por ano natural, en caso de proceder da Península, Illas Baleares, Ceuta, Melilla ou outro EM da UE, e 12 meses se se procede de países terceiros
- Chegada do vehículo no prazo de 12 meses desde o cambio de residencia. Se o titular do vehículo non fose residente, deberá darse de alta no padrón municipal de habitantes nun prazo máximo de 6 meses tras a chegada do vehículo
- O vehículo non poderá ser transmitido, cedido ou arrendado durante os 12 meses seguintes á súa importación, agás causa xustificada.
Valórase segundo o que se dispón nos artigos 4 e 8 da 20/1991, do 7 de xuño, de modificación dos aspectos fiscais do Réxime Económico Fiscal das Canarias. Devindícase o IXIC con ocasión das importacións de vehículos nas Canarias procedentes dun estado membro do Territorio Aduaneiro da Unión.
A base impoñible do IXIC é o valor en aduanas do vehículo, o cal se determina, en primeiro lugar, segundo o valor de transacción cando a importación sexa consecuencia dunha transmisión. En caso contrario, aplicaranse os métodos secundarios de determinación do valor de aduanas.
O artigo 59 da Lei 4/2012 recolle os tipos impositivos vixentes aplicables á importación de vehículos.
Tén quese presentar:
- Documentación do vehículo (permiso de circulación e documentación técnica)
- Declaración de valor e data (serve coa identificación do vehículo en táboas; achegar copia)
- Billete correspondente ao vehículo (se non conserva o billete ou copia da reserva, acudir á consignataria para que lle entreguen un certificado coa data de entrada do vehículo)
- Copia do DNI/NIE/Pasaporte.
En caso de solicitar a exención do IXIC por traslado de residencia, debe achegar alta de residencia nas Canarias (certificado de empadroamento) e documentación que acredite a residencia fóra do territorio das Canarias durante os prazos establecidos (histórico do padrón, baixa censual de orixe, baixa consular, etc …).
Consultar as Instrucións para a aplicación da exención á importación de vehículos, embarcacións e aeronaves de recreo por traslado de residencia prevista no artigo 14.2.1º da Lei 20/1991, do 7 de xuño dispoñible na axuda desta páxina.