Importación. Introdución dun vehículo nas Canarias e expedición á España peninsular ou ás Baleares
Que debes facer para importar un vehículo nas Illas Canarias ou se chegas no teu vehículo privado?
Viaxar ás Illas Canarias cun vehículo privado
Non cumprirá realizar ningunha formalidade aduaneira. O prazo máximo de estancia do vehículo en España non pode exceder de 6 meses consecutivos, debendo ser reexportado cando finalice este prazo.
Durante a túa estancia en España os medios de transporte deben ser utilizados de forma privada non podendose prestar nin alugar nin ceder.
No caso de que a estancia nas Canarias vaia a superar os 6 meses, deberas presentar unha declaración de importación definitiva ou solicitar a autorización do Réxime de Importación Temporal.