Eliminación progresiva das importacións de gas natural ruso
O 02/02/2026 publicouse no DOUE o Regulamento (UE) 2026/261 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de xaneiro de 2026, sobre a eliminación progresiva das importacións de gas natural ruso e a preparación da eliminación progresiva das importacións de petróleo ruso, a mellora do seguimento das posibles dependencias enerxéticas e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2017/1938, coñecido como REPowerEU.
No artigo 7.1, díspónse que a autoridade encargada da autorización previa que se regula no artigo 5 (que se aplica a partir de hoxe) é a autoridade aduaneira, agás cando o Estado membro designe a outra autoridade para tal fin.
No caso de España, a autoridade autorizadora é a autoridade aduaneira.
A solicitude da autorización previa presentarase a través de:
Solicitude autorización previa REPowerEU
Para máis información: Axencia Tributaria: Sancións internacionais - REPowerEU