Información xeral sobre o sistema de identificación Cl@ve PIN
Cl@ve PIN forma parte da plataforma común Cl@ve para a identificación, autenticación e firma electrónica do cidadán ante organismos da Administración do Estado que se integren nela.
Cl@ve PIN é un sistema de identificación para realizar trámites por Internet baseado en claves concertadas cunha validez limitada no tempo e que se pode renovar cada vez que se necesite.Supón o uso dun código dado pola aplicación ou elixido polo usuario e un PIN comunicado mediante SMS ou visualizado na app Cl@ve PIN.
Para identificarse con Cl@ve PIN é necesario rexistrarse previamente no sistema Cl@ve.
O rexistro pode realizarse de forma presencial nas oficinas de rexistro, solicitando antes cita previa, ou por Internet dende as opcións do portal Registro Cl@ve da Sede.
Se dispós de certificado electrónico ou DNIe podes rexistrarte directamente dende o enlace "Rexistrarse en Cl@ve con certificado ou DNI electrónico" ou podes solicitar que che envíen a carta de convite ao teu domicilio fiscal para rexistrarte cos teus datos identificativos e o CSV da carta, dende a opción "Rexistrarse en Cl@ve".Tamén é posible rexistrarse por internet con videollamada, utilizando este mesmo enlace.
Nota: Só é posible indicar un número de teléfono móbil por usuario.
Rexistro mediante CSV ou vídeollamada
Para obter o código seguro de verificación (CSV) que permite darse de alta no sistema Cl@ve é necesario solicitar o envío da carta de convite por correo postal dende a opción "Rexistrarse en Cl@ve".
Dende o mesmo servizo poderás tamén rexistrarte mediante videollamada.
Unha vez que recibas a carta no teu domicilio, accede á mesma opción da Sede Electrónica para achegar o CSV, xunto co teu DNI o NIE e o dato de contraste requirido en función do tipo de documento de identidade (data de validez, data de expedición ou número de soporte).Ademais deberás indicar un número de teléfono e, opcionalmente, un correo electrónico.
Rexistro con firma dixital (certificado ou DNI electrónico)
Se dispós de certificado electrónico ou DNIe podes rexistrarte de forma inmediata no sistema Cl@ve dende a opción "Rexistrarse en Cl@ve con certificado ou DNI electrónico".
Facilita o teu DNI/NIE, a data de validez, de expedición ou o número de soporte, o número de teléfono móbil e un enderezo de correo electrónico opcional.
Se instalas a app Cl@ve PIN tamén poderás iniciar o procedemento de rexistro en Cl@ve dende esta.
Rexistro presencial
Poderás rexistrarte presencialmente nunha das oficinas de rexistro adheridas ao sistema.Se desexas acudir a unha oficina da AEAT, antes terás que solicitar cita previa, chamando ao 901 200 351 / 91 290 13 40 ou dende o apartado "Cita previa" da web da Axencia Tributaria.
Identificación con Cl@ve
Tras o rexistro no sistema Cl@ve , poderás realizar calquera trámite que permita identificación con Cl@ve PIN.Cando accedas ao devandito trámite, o primeiro dato que se solicita é o documento de identidade e, en función deste, o dato de contraste.Despois, recibirás o PIN na app ou mediante un SMS.