Sociedades WEB. Funcionalidades do formulario
Saltar índice da informaciónComo acceder ou xerar unha declaración desde o formulario do modelo 200
Tras identificarche con certificado electrónico para acceder a Sociedades WEB, aparecerá a xanela "Datos Identificativos" con estas opcións:
-
Importar un arquivo con formato BOE (.200) xerado co mesmo formulario e obtido mediante o botón "Exportar" ou xerado cun programa externo que cumpra co deseño de rexistro publicado na web.
-
Aceptar para dar de alta unha declaración.
Se xa accediches a Sociedades WEB anteriormente poden mostrarse as seguintes opcións na xanela de inicio, informandose ademais da existencia dunha sesión previa ou unha declaración presentada:
-
"Continuar": se se detecta unha sesión previa de Sociedades WEB para ese declarante pódense recuperar os datos gardados no servidor e seguir traballando coa declaración.
-
"Modificar declaración": se se detecta que xa hai unha declaración presentada para ese NIF, dirixe á páxina inicial de caracteres da declaración e recupera a declaración presentada coa finalidade de presentar unha declaración complementaria.
-
"Nova declaración": se se quere empezar unha declaración desde cero para ese NIF.
-
"Importar": permite importar un ficheiro do modelo 200 (mesma función que o botón "Importar" da xanela anterior). O botón Importar desta segunda xanela soa aparece se se accede en nome propio ou con apoderamento. Os colaboradores sociais deberán utilizar o botón "Importar" da xanela anterior "Datos identificativos".
Ao dar de alta unha nova declaración, a primeira páxina á que se accede é a de "Caracteres da declaración "que condiciona o resto da formalización do modelo 200 e que, unha vez aceptados, non poderán modificarse. Ten en conta que, segundo o tipo de NIF indicado, poden aparecer xa marcadas ou bloqueados distintos recadros desta xanela.
Non obstante, disporás do botón "Modificar caracteres" para que, unha vez definidos os caracteres iniciais da declaración, algúns destes poidan cambiarse sen necesidade de empezar unha nova declaración.
Marca os recadros relativos ao tipo de entidade e réximes aplicables que correspondan.
Para o exercicio 2022, como novidade na páxina de caracteres da declaración incluiuse o apartado "Importe neto da cifra de negocios..." que determinará a aplicación da Tributación mínima.
Despois, baixa ata o final da páxina e indica as datas de inicio e fin do período impositivo da entidade declarante. Por último, pulsa "Aplicar". Ten en conta que ao aplicar, só poderá modificarse o contido dos recadros indicados na mensaxe xunto a "Modificar caracteres".
No pé de páxina establécense os caracteres susceptibles de modificación.
A continuación, nunha nova xanela marcaranse os recadros correspondentes ao estado de contas.
Antes de acceder á declaración, unha nova xanela permite importar un ficheiro XML para incorporar datos contables. Pulsa o botón "Elixir ficheiro (XML )" para escoller o arquivo ou "Continuar sen importar datos contables" para proseguir coa formalización da declaración.
Se o ficheiro XML non contén erros e os datos que contén son compatibles cos que se estableceron no rexistro de caracteres e estado de contas na alta de declaración, mostrarase o botón "Continuar coa importación de datos contables". Hai que ter en conta que esta importación é opcional e automática para a información relativa ao balance, á conta de perdas e ganancias e ao estado de cambios no patrimonio neto. Poderá realizarse para entidades sometidas ás normas de contabilidade do Banco de España, entidades aseguradoras, institucións de investimento colectivo, sociedades de garantía recíproca, e as non sometidas a normativa específica.
A continuación, a formalización do modelo 200 realizarase desde a páxina "Caracteres da declaración ".
Para localizar as distintas páxinas da declaración podes utilizar o botón "Apartados" da barra superior ou as frechas para navegar entre as súas páxinas.