Solicitude de días de cortesía para o envío de notificacións electrónicas
Saltar índice da informaciónComo consultar e modificar os días de cortesía dos mandantes
Desde a opción "Consultar/Modificar Mandantes" poderás, tanto revisar os días que xa seleccionaches, como engadir e modificar días.

Neste caso, aparecerá unha listaxe cos mandantes que lle outorgaron o poder GENERALNOT. A aplicación permite filtrar por mandantes que teñen ou non asignados xa días de cortesía. Fai click no NIF do mandante de que queres consultar ou modificar o calendario.

Cargarase o calendario do ano 20XX cos días xa solicitados non modificables en cor laranxa e os días solicitados modificables en cor verde, se os houbese. Pulsa "Modificar".

Marca ou modifica os días desexados e fai clic en "Validar".

Por último, pulsa "Asinar Enviar".

Obterás unha xanela de resposta co CSV de 16 caracteres co que poderás recuperar este xustificante a través da opción "Cotexo de documentos mediante código seguro de verificación (CSV)", ademais xerarase un recibo de presentación que poderás gardar pulsanso sobre a ligazón "Ver recibo".
