Problemas na obtención dunha copia electrónica ou consulta íntegra
Saltar índice da informaciónProblemas na obtención dunha copia electrónica no Internet Explorer
En primeiro lugar, comproba no teu navegador que as barras de ferramentas que teña instaladas (Yahoo, Google, MSN...) non están bloqueando os elementos emerxentes dentro da páxina web da Axencia Tributaria. Se o desexas, podes eliminar este tipo de barras bloqueadoras desde "Panel de Control ", "Programas", "Programas e características" ou desde "Configuración", "Aplicacións", "Aplicacións e características".
Comproba tamén, no teu navegador, que estea desmarcada a opción "Activar o bloqueador de elementos emerxentes", polo menos mentres realizas a consulta íntegra. Entra en "Ferramentas", ou na icona da roda arpada situada na parte superior da marxe dereito, "Opcións de Internet". Unha vez aí selecciona a pestana "Privacidade" e desmarca o recadro "Activar o bloqueador de elementos emerxentes". Se desexas permtir unicamente xanelas emerxentes da páxina web da AEAT, fai clic en "Configuración" e agrega o seguinte enderezo: agenciatributaria.gob.es. Pulsa "Agregar" e "Pechar".
Na pestana "Seguridade", de entre as catro iconas do recadro, marca o terceiro, "Sitios de confianza". Un pouco máis embaixo, á dereita, habilitarase o botón "Sitios"; pulsa este botón e en "Agregar este sitio web á zona de:" escribe o seguinte: "https://*.agenciatributaria.gob.es/. O recadro "Requirir comprobación do servidor (https:)..." debe estar marcada); despois, pulsa "Pechar". Antes de saír desta pestana pon o "Nivel de seguridade" en "Baixo" para os Sitios de confianza. Fai click en "Aplicar" e despois en "Aceptar".
Os antivirus e firewall tamén poden interferir neste proceso.
No referente ao resto dos requirimentos para poder obter a copia dunha declaración, lembra que cómpre dispor dun visor de documentos PDF.
En "Programas e características" do Panel de control poderás comprobar tamén as versións instaladas. Ten en conta que o normal é que, por defecto, o teu sistema operativo estea traballando coa versión máis recente que teñas instalada.