Modelo 583 - Axuda técnica
Saltar índice da informaciónPresentación dunha autoliquidación complementaria do modelo 583
Para presentar unha declaración complementaria, en primeiro lugar debes localizar a declaración orixinal á que complementarás. É obrigatorio consignar o NIF do contribuínte para efectuar a busca. Non obstante, para coutar os resultados podes indicar o exercicio, o período e o tipo de declaración (ordinaria, complementaria ou complementada).
Na táboa mostraranse as declaracións localizadas; para acceder á presentación da declaración complementaria, pulsa sobre a ligazón da columna "Data Presentación".
Consulta o aviso en que se informa dos casos en que procede a presentación dunha declaración complementaria. A continuación selecciona o tipo de autoliquidación complementaria, en función do seu resultado e da forma de pagamento, e fai clic en "Continuar".
Mostrarase o formulario cos datos da declaración orixinal xa cargados e só terás que consignar os datos relativos ao pagamento, se procede, e os da declaración complementaria. Lembra que os importes se cubrirán en euros e con dous decimais separados por coma. Fai click en "Enviar Presentación" para finalizar a presentación.