Modelo 718 - Axuda técnica
O Modelo 718 "Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas" é complementario do Imposto sobre o Patrimonio e grava cunha cota adicional os patrimonios das persoas físicas de contía superior a 3.000.000 de euros. É de carácter estatal e non é susceptible de cesión ás Comunidades Autónomas (CCAA ).
O modelo 718 está dispoñible exclusivamente en formato electrónico e require identificación con Cl@ve ou con certificado ou DNI electrónico.
Pode identificarse o titular en nome propio, unha persoa ou entidade co apoderamento correspondente ou un colaborador social.
Na primeira xanela, cobre os datos identificativos do declarante e pulsa "Aceptar" para acceder ao formulario.
Se se detecta unha sesión de traballo previamente gardada a aplicación daralle opción a "Continuar" recuperando os datos ou dar de alta unha nova declaracón desde o botón "Nova Declaración".
Accederás á declaración e encontrarás na parte superior a botonera coas diferentes funcionalidades do formulario.
O botón "Apartados" desprega o índice coas diferentes páxinas da declaración.
No apartado 1. Base Impoñible, deberás indicar o número de xustificante do imposto sobre Patrimonio (modelo 714) do mesmo exercicio ao que se refire a declaración.
Encontrarás este dato no xustificante de presentación do modelo 714.
A opción "Gardar" permite almacenar os datos cumprimentados ata ese momento nos servidores da AEAT, aínda que non estean validados (poden conter erros ou estar incompletos). Ten en conta que, se xa existe unha declaración gardada anteriormente, sobreescribirase.
A recuperación destes datos realízase ao acceder novamente ao formulario web pulsando "Continuar".
Para comprobar se existen erros na declaración, pulsa o botón "Validar". Se contén erros ou avisos habilitarase a pestana "Erros" coa descrición do erro ou o aviso e o botón "Ir ao Erro "ou "Ir ao Aviso ", segundo corresponda, que che sitúa no recadro para modificar ou cubrir.
Se a declaración non contén erros obterás a mensaxe "Non existen erros".
Ademais, se antes de presentar a declaración queres obter un borrador para revisar os datos, dispós da ferramenta "Vista previa", que xera un PDF coa declaración non válido para a presentación. O borrador visualízase en pantalla e ten unha marca de auga indicando que non é apto para a presentación, podes gardaro pulsando a ligazón "Vostede pode facer clic aquí para descargar o pdf" ou pulsando a icona para gardar. Na parte superior encóntranse os botóns "Volver a declaración" que che devolve ao formulario e realizar unha "Nova declaración".
O botón "Importar" permite incorporar un ficheiro coa declaración en formato BOE que cumpra co deseño de rexistro en vigor.
Unha vez que a declaración se validou sen erros, pulsa "Formalizar Ingreso / Devolución" para presentar a declaración.
Mediante o botón "Exportar" xérase un ficheiro con formato BOE, que podes gardar e importar ao formulario mediante o botón "Importar", válido para a presentación.
Para iniciar o proceso de presentación, selecciona o tipo de declaración, engade os datos necesarios en función do tipo de ingreso seleccionado e pulsa "Asinar e enviar".
Se optas pola domiciliación bancaria da cota a ingresar a presentación realizarase ata o 26 de xullo cargandose en conta o 31 de xullo. Tamén dispós de opcións de recoñecemento de débeda e ingresos parciais.
Obterás unha pantalla de resposta que inclúe un PDF cos datos da presentación (data e hora, número de entrada de rexistro, CSV, número de xustificante e datos do presentador) e a copia completa da declaración.