Modelo 718 - Axuda técnica
Saltar índice da informaciónModelo 718. OPEN Simulador
"Modelo 718. Open Simulador" é unha versión do Modelo 718 sobre o Imposto temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas que funciona como un simulador. Non require identificación do contribuínte, non valida o NIF do declarante e non necesita dispor de datos fiscais; a partir dos datos que vaias introducindo, poderás simular a túa declaración de ITSGF e comprobar o resultado da declaración.
Nota: O "Modelo 718. Open Simulador" non permite a presentación da declaración.
Introduce os datos identificativos completos, aínda que non se efectuará ningunha validación contra o censo da Axencia Tributaria e inclúe todos os datos económicos para simular o resultado.

Para comezar coa simulación da túa declaración, podes acceder ás distintas seccións da declaración desde "Apartados" ou moverche polas distintas páxinas utilizando os comandos con frechas.

Algúns recadros vanse activando dependendo da formalización doutras ás que están asociadas. Nalgunhas ocasións cumprirá acceder a unha nova xanela para introducir novos datos, pulsando na icona do lapis situado ao lado do recadro.

O botón "Validar" analiza a formalización que se efectuou e detecta os posibles avisos e erros.

O Simulador permite a xeración dun PDF coa "Vista previa" da declaración que podes gardar e imprimir, aínda que este documento non é válido para a súa presentación.


Para comprobar o resultado podes acceder á última páxina, "Documento de ingreso ou devolución".
