Exercicios anteriores
Saltar índice da informaciónPatrimonio 2020 - Servizo tramitación de Patrimonio para colaboradores
Os colaboradores sociais adheridos ao convenio correspondente poderán presentar a declaración de Patrimonio de 2020 de terceiros identificandose co certificado electrónico de colaborador social. Se non se está dado de alta como colaborador ou aparece algún erro, pódese consultar a información relacionada coa Colaboración social.
Na primeira xanela indica o DNI ou NIE do contribuínte. Despois, pulsando "Aceptar" o sistema solicitará o número de referencia do titular se se desexa incorporar os datos fiscais do declarante directamente aos distintos apartados da declaración.
No caso de que non sexa posible a obtención da referencia debido ás condicións particulares do declarante, pulsando o botón "Cancelar" da xanela "Validar autorización" pódese cubrir o modelo 714 de cero, sen incorporación automática de datos fiscais.
A páxina inicial será a de datos identificativos e o idioma da declaración, sendo posible modificaros. Se se recoñece unha sesión anterior de Patrimonio WEB permítese recuperar a declaración ou empezar unha nova.
Unha vez no formulario web poderás cubrir a declaración navegando entre as distintas páxinas que a compoñen ou utilizando o botón "Apartados" acceder ás distintas seccións.
É recomendable verificar que non existen erros desde a opción "Validar".
Finalizada a formalización, verifica o resultado na última páxina en "Documento de ingreso".
Pulsa "Formalizar Ingreso / Devolución"; no caso de que o resultado sexa un ingreso, no apartado "Seleccione o tipo de Declaración" poderás escoller a forma de pagamento.
A domiciliación bancaria non está dispoñible fóra do prazo oficial de presentación. Polo tanto, terás que realizar o ingreso mediante NRC ou seleccionar outras formas de pagamento como o recoñecemento de débeda. Hai que ter en conta que o pagamento mediante a pasarela de pagamento só estará dispoñible no caso de que se accedese con certificado, DNIE ou Cl@ve.
Se se realiza o pagamento en nome dun terceiro, o titular da identificación electrónica e o da conta deberán ser o mesmo, aínda que no momento do pagamento facilitarase o NIF do declarante ou debedor. Se se desexa utilizar a conta bancaria do titular da declaración (obrigado ao pagamento), o ordenante debe estar apoderado polo obrigado a realizar esta operación. En caso contrario, terás que contactar coa entidade bancaria para que che xere o correspondente NRC cos datos da declaración, e que terás que incorporar no campo "Número de Referencia NRC".
Outra alternativa serían as opcións de recoñecemento de débeda. Nestes casos, na folla resposta de presentación realizada con éxito, mostrarase unha ligazón para realiar a presentación do adiamento ou da solicitude de compensación. Pulsa "Tramitar débeda" e aparecerá o detalle da liquidación cos datos do debedor e a clave de liquidación.
Desde a xanela "Formalizar Ingreso/Devolución" tamén podes obter un ficheiro con formato BOE, axustado ao deseño de rexistro en vigor, utilizando o botón "Exportar" situado na esquina inferior esquerda.
Para continuar coa presentación fai clic no botón "Asinar e Enviar".
Aparecerá un aviso antes da xanela de presentación advertindo da posibilidade de revisar os datos.
Na seguinte xanela, marca o recadro "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Cando a declaración fose presentada poderase ver a mensaxe "A súa presentación foi realizada con éxito" e o código seguro de verificación asignada. Ademais mostrarase un PDF que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a declaración presentada.