Exercicios anteriores
Saltar índice da informaciónPatrimonio 2021 - Servizo de tramitación de Patrimonio
Para a presentación dunha declaración de Patrimonio correspondente ao exercicio 2021 accede á relación de trámites do modelo 714 en "Exercicios anteriores" e fai clic en "Servizo tramitación de declaración de Patrimonio 2021".
Para acceder requírese identificación con certificado electrónico, DNIE, Cl@ve ou unha referencia de Renda válida que se obtivese durante a última campaña de Renda.
Se se trata do primeiro acceso, a páxina inicial será a de datos identificativos e o idioma da declaración, que podes modificar.
Se xa estiveches traballando co formulario, o sistema detéctao e permite continuar coa declaración ou iniciar unha nova.
Unha vez no formulario web poderás cubrir a declaración navegando entre as distintas páxinas que a compoñen ou utilizando o botón "Apartados" para acceder ás distintas seccións.
É posible "Gardar" a declaración para recuperara máis adiante nunha nova sesión pulsando "Continuar" na xanela inicial.
É recomendable verificar que non existen erros desde a opción "Validar".
Finalizada a formalización, verifica o resultado na última páxina en "Documento de ingreso".
Pulsa "Formalizar Ingreso / Devolución"; no caso de que o resultado sexa un ingreso, no apartado "Seleccione o tipo de Declaración" poderás escoller a forma de pagamento.
A domiciliación bancaria non está dispoñible fóra do prazo oficial de presentación. Polo tanto, terás que realizar o ingreso mediante NRC ou seleccionar outras formas de pagamento como o recoñecemento de débeda. Hai que ter en conta que o pagamento mediante a pasarela de pagamento só estará dispoñible no caso de que se accedese con certificado, DNIE ou Cl@ve PIN. En caso contrario, terás que contactar coa entidade bancaria para que che xere o correspondente NRC cos datos da declaración, e que terás que incorporar no campo "Número de Referencia NRC".
Outra alternativa serían as opcións de recoñecemento de débeda. Nestes casos, na folla resposta de presentación realizada con éxito, mostrarase unha ligazón para realiar a presentación do adiamento ou da solicitude de compensación. Pulsa "Tramitar débeda" e aparecerá o detalle da liquidación cos datos do debedor e a clave de liquidación.
Desde a xanela "Formalizar Ingreso/Devolución" tamén podes obter un ficheiro con formato BOE, axustado ao deseño de rexistro en vigor, utilizando o botón "Exportar" situado na esquina inferior esquerda.
Para continuar coa presentación fai clic no botón "Asinar e Enviar".
Aparecerá un aviso antes da xanela de presentación advertindo da posibilidade de revisar os datos.
Na seguinte xanela, marca o recadro "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Cando a declaración fose presentada poderase ver a mensaxe "A súa presentación foi realizada con éxito" e o código seguro de verificación asignada. Ademais mostrarase un PDF que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a declaración presentada.