Erros na presentación por lotes
Saltar índice da informaciónAo presentar un lote envía sólamente a primeira declaración
Se estás presentando un lote de modelos que non utilizan a nova presentación, como os modelos 030, 036 e 037, e envía a primeira declaración pero despois se para e non envía o resto de declaracións, segue estas indicacións:
-
Accede á carpeta onde se encontran as declaracións ou o ficheiro multideclaración do lote que vas enviar. A carpeta que contén o lote para enviar soamente debe conter os ficheiros con formato BOE de presentación correcta, se contén outro tipo de arquivo, por exemplo pdf, ou algunha subcarpeta pode xerar erro. Se fóra o caso, move os arquivos que están dando conflito a outro directorio ou crea unha nova carpeta e introduce aí os ficheiros que necesites enviar.
Contido incorrecto
Contido correcto
-
Revisa os "Directorios de respostas, resumo e ficheiros tratados" e comproba as rutas correspondentes no desdobrable pulsando no signo "+", se están en branco ou en rutas onde o navegador non pode escribir, debido á falta de permisos de escritura, non sería posible gardar as respostas e consecuentemente quedaríase parada a presentación.
-
Proba a enviar un lote pequeno, por exemplo 2 ou 3 declaracións, se o comportamento é o mesmo probablemente o deseño de rexistro do ficheiro non sexa correcto. Presenta algún dos ficheiros de forma individual, isto é, importandoo no formulario de presentación do modelo. Se non permite importaro cumprirá revisar o deseño de rexistro. Podes encontrar os deseños de rexistro no apartado "Axuda", "Deseños de rexistro".