Modelo 111
Saltar índice da informaciónPresentación electrónica do modelo 111
Para acceder á presentación electrónica fai clic en "Modelo 111.Exercicio 2017 e seguintes.Presentación", será necesario que te identifiques con firma dixital (certificado ou DNI electrónico) ou ben mediante o sistema de identificación Cl@ve PIN (só persoas físicas).
Se o declarante non dispón de certificado electrónico é necesario que a persoa que realiza a presentación estea autorizada para presentar declaracións en nome de terceiros, ben por estar dado de alta como colaborador ou ben por estar apoderado para realizar este trámite.
A continuación, na ventá emerxente, selecciona "Presentador Empresa" ou "Presentador Administración Pública", segundo o tipo de declarante e pulsa "Aceptar".
Cumpre os datos identificativos e o resto dos apartados da declaración, tendo en conta que, os marcados con asterisco, son de cumprimentación obrigatoria.
No pé do formulario encóntrase a botoeira coas funcións dispoñibles:
Mostrar ou ocultar información sobre erros ou avisos de cumprimentación.
"Borrar declaración" elimina os datos da declaración na que estás a traballar para empezar unha nova.
Co botón "Validar declaración"Comproba se tes avisos ou erros antes de presentar a declaración.Na parte superior, aparecerá a pestana "Erros" cos avisos ou erros detectados.Os avisos non impiden presentar a declaración aínda que é conveniente revisalos.Pero se aparecen erros, será necesario corrixilos.Mediante o botón "Ir ao Erro", poderás acceder directamente á casa que se debe verificar.
Dende "Importar", poderás recuperar a declaración obtida mediante un ficheiro xerado co formulario ou cun programa alleo á AEAT.Hai que ter en conta que este ficheiro debe estar construído en texto plano (.txt), sen ningún tipo de formato e que debe adecuarse ao deseño lóxico do modelo en vigor.Ao importar un ficheiro todas as casas están desbloqueadas, polo tanto, pódense modificar os datos importados de calquera campo.
Utiliza o botón "Formalizar Ingreso/Devolución"Para presentar a declaración unha vez cuberta e validada.
Selecciona o tipo de declaración segundo se trate dun resultado positivo ou cero/Sin actividade.
Se o resultado é a ingresar e non se domicilía o pagamento, será necesario obter primeiro o NRC e despois presentar a autoliquidación.O NRC é o Número de Referencia Completo, un código de 22 carácteres que serve como xustificante do pagamento.Dende o propio formulario, no botón "Realizar pagamento (obter NRC)" poderás conectar coa pasarela de pagamento para xerar automaticamente un NRC cos datos que contén a declaración.Se xa tes un NRC facilitado pola túa entidade bancaria poderalo incluír na casa "Número de Referencia NRC".
Se domicilías o pagamento, selecciona a opción "Domiciliación do importe a ingresar" e introduce os díxitos da conta IBAN.
Se optas por algúns dos tipos de recoñecemento de débeda, despois de presentar a declaración, deberás tramitar a débeda dende o botón "Tramitar débeda" ou dende o trámite específico "Pagar, aprazar e consultar".
Mediante o botón "Exportar", obterase un ficheiro con formato BOE que se garda por defecto na carpeta que teña como predeterminada o navegador.Non obstante, tamén se pode seleccionar o directorio onde gardar o ficheiro.É aconsellable gardalo no disco local, dentro da carpeta "AEAT".O nome do ficheiro está formado polo NIF do declarante, o exercicio, o período e pola extensión .111.
O modelo 111 ten integrada tamén a opción de recoñecemento de débeda e pagamento por transferencia dende unha conta bancaria aberta nunha Entidade de Crédito NON COLABORADORA, escollendo no despregable "Seleccione o tipo de Declaración", "Recoñecemento de débeda e pagamento por transferencia".
Fai clic en "Asinar e Enviar", aparecerá unha ventá coa información da declaración codificada e os datos do presentador e o declarante.Marca a casa "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar" para finalizar a presentación.
Finalmente, se todo é correcto, xerarase a folla de resposta coa mensaxe "A súa presentación foi realizada con éxito" e un PDF incrustado que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.
Nos casos nos que exista recoñecemento de débeda, na folla resposta de presentación realizada con éxito, mostrarase un enlace para realizar a presentación do aprazamento ou da solicitude de compensación.Pulsa "Tramitar débeda".
A continuación, aparecerá o detalle da liquidación cos datos do debedor e da clave de liquidación.Deberás escoller entre unha das opcións dispoñibles:aprazar, compensar ou pagar.