Modelo 122
Saltar índice da informaciónPresentación electrónica do modelo 122
Para realizar a presentación electrónica do modelo 122, debes identificarte con firma dixital (certificado ou DNI electrónico) ou mediante o sistema de identificación Cl@ve PIN (só persoas físicas).
A continuación, accederás á pantalla de cumprimentación de datos.Os campos marcados con asterisco (*), son de cumprimentación obrigatoria.
No apartado 4 poderás dar de alta novos rexistros dende a icona do a folla en branco co signo "+" en verde, borralos ou acceder polo miúdo de cada un deles para modificalos, se fose necesario, dende a botoeira en cada un dos apartados, coas diferentes funcionalidades.
No apartado "5.Liquidación", autocalcularase o resultado da regularización a ingresar, a partir dos datos indicados nos apartados anteriores.
Unha vez finalizada a cumprimentación pulsa "Validar" para comprobar se existen erros.
Se existen erros, mostraranse nun listado, co enlace "Ir ao erro" que che levará á casa ou apartado erróneo para que poidas emendalo.
Dende o botón "Importar", poderás incorporar un ficheiro confeccionado con outro programa, sempre que se axuste ao deseño de rexistro aprobado para o modelo 122, ou ben que exportases previamente dende o propio modelo.Podes consultar o deseño de rexistro no enlace situado no bloque da marxe dereito "Deseños de rexistro dos modelos 100 ao 199"
Unha vez validado o formulario sen erros pulsa sobre "Formalizar Ingreso / Devolución".
Se elixes un tipo de liquidación que leve consigo un ingreso, fai clic no botón "Realizar pagamento (obter NRC)", que te comunica coa pasarela de pagamentos da AEATpara realizar o pagamento telemático.O modelo 122 ten integrada tamén a opción de pagamento por transferencia dende unha conta bancaria dunha Entidade Bancaria NON colaboradora, escollendo no despregable "Seleccione o tipo de Declaración", "Recoñecemento de débeda e pagamento por transferencia".
Dende a opción "Exportar" poderás xerar un ficheiro en formato BOE, con extensión .122, que poderás recuperar no propio formulario mediante a opción "Importar".Por último, pulsa "Asinar e Enviar" para realizar a presentación.
Marca "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Se todo é correcto, obterás a folla de resposta na que aparece "A súa presentación foi realizada con éxito" cun PDF incrustado que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.
Nos casos nos que exista recoñecemento de débeda, na folla resposta de presentación realizada con éxito, mostrarase un enlace para realizar a presentación do aprazamento ou da solicitude de compensación.Pulsa "Tramitar débeda".A continuación, aparecerá o detalle da liquidación cos datos do debedor e da clave de liquidación.Deberás escoller entre unha das opcións dispoñibles:aprazar, compensar ou pagar.
Se non dispós de identificación electrónica, podes presentar o modelo presencialmente na Administración, mediante o formulario de predeclaración.