Modelo 210
Saltar índice da informaciónPresentación do modelo 210 de exercicios anteriores 2013 ao 2017
O acceso á presentación require identificación mediante certificado electrónico do declarante ou dunha persoa autorizada a presentar declaracións en nome de terceiros ou un apoderado para realizar o trámite.
Para realizar a declaración do modelo 210 de devindicacións 2014 a 2017, cobre a declaración asegurandoche de incluír datos nos campos marcados cun asterisco, xa que son de formalización obrigatoria.
Se aparece algún tipo de erro relacionado co período da declaración, recomendámosche consultar as instrucións do modelo, concretamente do apartado "Devindicación".
Podes gardar o ficheiro pulsando "Optativo: Gravar ficheiro" que poderás recuperar e cargar novamente no formulario a través da opción "Elixir arquivo". O ficheiro gárdase por defecto na carpeta de Descargas que teñas predefinida no navegador que está utilizandor e ten por nome: 210 o NIF do declarante, o exercicio e o período e por extensión o número do modelo (210 NIF _exercicio _período.210).
Ao final do formulario encóntrase o apartado en que se selecciona o tipo de declaración e a forma de pagamento.
No caso de que elixas como forma de pagamento "A ingresar", terás que indicar un NRC xustificante do pagamento. O NRC é o Número de Referencia Completo, un código de 22 caracteres que facilitan as entidades bancarias que serve como xustificante do pagamento e en que se incorpora de forma cifrada a información do NIF do declarante, importe, modelo, exercicio e período.
Existen varias vías para efectuar o pagamento e obter o NRC :
-
Contactando directamente coa Entidade Bancaria ou a través da súa páxina web ou banca telefónica se esta che ofrece este servizo.
-
A través da pasarela de pagamentos da Axencia Tributaria, desde a opción "Pagar, aprazar e consultar débedas" da Sede Electrónica ou desde o botón "OPTATIVO: Obter NRC" dentro do formulario.
Unha vez introducidos todos os datos, pulsa "Asinar e Enviar".
O programa solicitará a confirmación da presentación. Se é correcto, marca o recadro "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
O resultado dunha presentación correcta será a páxina de resposta en que apareza "A súa presentación foi realizada con éxito" cun PDF incrustado que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.
Co Código Seguro de Verificación poderás obter a copia da declaración mediante a opción "Cotexo de documentos mediante código seguro de verificación".
Tamén poderás recuperar a copia da declaración presentada se accedes co certificado electrónico do declarante ou presentador a "Modelo 210. Consulta de declaracións presentadas" dispoñible na relación de trámites do modelo.