Modelo 210
Saltar índice da informaciónFormulario do modelo 210 para presentación en papel
O formulario de predeclaración permíteche obter a declaración do modelo 210 en PDF.
Cobre a declaración asegurandoche de incluír datos nos campos marcados cun asterisco, que son de formalización obrigatoria.
Presta especial atención ao apartado "Devindicación". Se aparece algún tipo de erro relacionado co período da declaración, recomendámosche que consultes as instrucións do modelo, concretamente o apartado "Devindicación", ao final do documento.

NOTA : Consulta a nota informativa relativa ao cambio de agrupación trimestral por anual en caso de arrendamento a partir de 2024 e as instrucións de formalización do modelo 210 no contido relacionado.
Na barra de menú do formulario, mediante o botón "Importar" poderás recuperar o ficheiro.210 que previamente exportases desde o formulario ou que xerases cun programa externo seguindo o deseño de rexistro para o modelo 210 do exercicio correspondente.

Tras cubrir a declaración, revisa se está correcta ou ten algún erro pulsando no botón "Validar declaración". No menú da parte inferior encóntranse todas as utilidades dispoñibles. No caso de que existan erros que impidan a presentación, poderás corrixiros usando o botón "Ir ao Erro ", que dirixe ao campo que debes corrixir.

Unha vez validada correctamente a declaración, mostrarase a mensaxe "Non existen erros". Pulsa "Seleccionar Ingreso/Devolución".

Abrirase a xanela para formalizar o ingreso ou devolución. Mediante o botón "Exportar" obterás o ficheiro da declaración en formato BOE, que che permitirá recuperar a declaración en calquera momento desde o botón "Importar". Por defecto gardarase na carpeta que teñas definida para descargas no navegador que estás utilizando. Poderás gardar a declaración sempre que a declaración sexa correcta e non existan erros. O ficheiro terá como nome por defecto "NIF _exercicio _período.210".
No caso de ser unha devolución, ten a opción de recibir a transferencia nunha conta estranxeira.
No caso dunha declaración "A ingresar", poderás indicar opcionalmente o número de conta IBAN desde o que se realizará o pagamento; este campo haberá que deixaro en branco se vas solicitar un adiamento ou pagar en efectivo. 
No caso de seleccionar a opción "Que hai que ingresar mdiante transferencia bancaria desde o estranxeiro" deberás indicar unha conta bancaria aberta nunha Entidade de Crédito NON COLABORADORA cumprirá indicar os 8 primeiros caracteres do IBAN desde o que se pretende efectuar o pagamento e marcar o recadro "Lin e acepto as instrucións anteriores sobre pagamento por transferencias. Igualmente fun informado sobre o seu posible incumprimento e as consecuencias do mesmo ".

Finalmente, sexa cal for a opción de pagamento ou devolución indicada, pulsa "Xerar predeclaración". Ao xerarse a predeclaración o sistema facilítache os datos identificativos da conta de titularidade da AEAT aberta nunha entidade colaboradora á que debe realizar a transferencia e un identificador de pagamento que debes indicar no campo “concepto” da transferencia. A validez do identificador do pagamento caducará no prazo de trinta días naturais, contados desde a data da súa obtención.
Antes de obter o PDF mostrarase un aviso co procedemento que se debe seguir para facer efectiva a presentación da predeclaración.

Xerarase o PDF coas instrucións de presentación, o "Exemplar para o contribuínte/representante" ou "Exemplar para o responsable solidario/retenedor" e unha copia do Documento de Ingreso ou Devolución para a Entidade Colaboradora ou Administración

Para conservar o PDF, na parte superior da páxina web, dispós da ligazón para a descarga do documento. Por motivos de seguridade, despois de imprimir o documento, debes escribir o NIF en todos os exemplares do Documento de Ingreso ou Devolución e asinar manualmente. Recomendámosche ler detidamente as instrucións que se inclúen na predeclaración con respecto aos lugares de presentación, a forma de pagamento e a documentación adicional.

Doutra banda, se a persoa que realiza a autoliquidación é o contribuínte e este non dispón de NIF, para autoliquidacións con resultado a ingresar, cota cero ou a devolver, xunto ao campo "NIF" habilitarase un botón para obter un código de identificación que enlaza cun procedemento que permite a autoasignación dun código de identificación que se cargará no campo "NIF".

No primeiro paso de asignación de código de identificación a un Non Residente, "Datos identificación", deberás escribir un enderezo de correo electrónico, que debes confirmar, e en que recibirás a clave que che permita finalizar o trámite de obtención do código de identificación. Ademais, cumprirá que escollas entre persoa xurídica ou física e despois pulsa "Seguinte".

Na pestana "Datos adicionais" escribe os teus datos persoais tendo en conta que só os recadros marcados con asterisco son obrigatorias, consulta os avisos e pulsa "Seguinte".

En "Datos do domicilio fiscal" indica os datos do teu domicilio e pulsa "Seguinte".

A pestana "Datos notificacións en España", é opcional se é igual ao domicilio fiscal consignado. No caso de que indiques o domicilio a efecto de notificacións deberás cubrir todas os recadros con asterisco.

Na pestana "Confirmación" terás que introducir a clave que se remitiu ao teu correo electrónico. Trátase dunha clave de 8 caracteres. Asegurache de ter desactivado o bloqueador de elementos emerxentes no teu navegador para concluír correctamente a asignación do código de identificación.

A continuación, mostrarase o código de identificación de Non Residente asignado. Debes conservar o NIF M que se che asigne, xa que é o que terás que utilizar para as próximas presentacións do modelo 210.