Modelo 390 - Axuda técnica
Saltar índice da informaciónExercicios anteriores. Presentación do modelo 390 de 2018 por SMS
Para exercicios anteriores ao 2019, os suxeitos pasivos non obrigados á utilización do certificado electrónico, poderán obter a predeclaración do modelo 390 a través do formulario dispoñible na sede electrónica para presentar a declaración mediante o envío dunha SMS .
Neste caso tén quese utilizar a ligazón "Modelo 390. Exercicio 2018. Presentación de declaración con confirmación por SMS" no Exercicio 2018 de "Xestións de exercicios anteriores" dispoñible na relación de trámites do "Modelo 390. IVE Declaración Resumo Anual" na sede electrónica.
O acceso NON require identificación mediante certificado electrónico ou Cl@ve .
En primeiro lugar obterás a xanela de introdución de datos identificativos, cobre o NIF, nome e apelidos ou razón social. Presta atención á formalización do NIF xa que non se poderá modificar este dato posteriormente (para cambiaro cumprirá xerar unha nova declaración, iniciando a formalización desde o principio).
Na xanela de datos identificativos terás dúas opcións:
- "Cargar" un arquivo.ses gardado nunha sesión anterior,
- "Aceptar" para acceder ao formulario e cubrir a declaración desde o inicio.
Se pulsas "Cargar" aparecerá un aviso advertindo de que se borrarán os datos que introducise previamente ao cargar a declaración. Selecciona o ficheiro.ses desde a situación en que se encontre gardado.
Se pulsas "Aceptar" accederás ao formulario, mostrandose un aviso previo informando dos supostos en que non existe obriga de presentación do modelo 390.
O formulario consta de 17 páxinas ás que podes acceder desde os comandos de frecha ou pulsando o botón "Apartados" para ir directamente ás distintas seccións da declaración.
Unha vez finalizada a formalización da declaración, desde o menú superior, comproba se existen erros pulsando a opción "Validar declaración". Mostraranse os avisos ou erros detectados, lembra que os avisos dan información relevante a ter en conta pero non obstaculizan a presentación da declaración. No caso de que a declaración conteña erros, estes deben ser corrixidos. "Ir ao erro "e "Ir ao aviso "sitúache no recadro correspondente para modificar ou cubrir. Se a declaración non contén erros obterás a mensaxe "Non existen erros".
O botón "Gardar" permíteche gardar un ficheiro, cos datos introducidos, que non está validado (pode conter erros ou estar incompleto) nin segue o deseño lóxico publicado; este ficheiro ten o nome NIF -390-ejercicio e a extensión.ses. Se non seleccionas un directorio, este ficheiro gardarase automaticamente na carpeta "Descargas" do sistema ou no directorio establecido polo navegador para gardar os arquivos descargados. Podes recuperar este arquivo pulsando o botón "Cargar" ao acceder ao formulario ou desde a botonera da parte superior.
Ademais, se antes de presentar a declaración queres obter un borrador para revisar os datos, dispós da ferramenta "Borrador" que xera un PDF, non válido para a presentación, coa súa declaración. Para a correcta visualización do borrador necesita un visor de PDF ; recomendámoslle a última versión compatible co seu sistema operativo. Para volver á declaración fai clic en "Volver a declaración" ou dá de alta unha nova declaración pulsando "Nova declaración". Poderás descargar o PDF pulsando "clic aquí para descargar o pdf".
Se non existen erros podes obter a predeclaración en PDF do modelo 390 pulsando o botón "Xerar predeclaración". Mostrarase un aviso informando do procedemento que debe seguir para pesentar a declaración do modelo 390 mediante SMS.
A continuación, óbténse o PDF coa predeclaración. Na primeira páxina "Instrucións para a confirmación da predeclaración "explícase o procedemento de presentación mediante SMS. En primeiro lugar, localiza o número de xustificante na páxina 1 da declaración. Debes enviar unha SMS ao número indicado no PDF coa mensaxe MODELO 390, seguido do número de xustificante e NIF, separados por espazo.
Despois de enviar a SMS, a Axencia Tributaria devolverache outra SMS, con remitente AEAT, confirmando que a presentación se realizou correctamente e devolvendo o CSV (Código Seguro de Verificación) de 16 caracteres, que debes conservar como xustificante da presentación por SMS. Ten en conta que a Axencia Tributaria sempre enviará unha SMS de resposta. Co CSV obtido poderás consultar a presentación a través da Sede Electrónica, no apartado "Cotexo de documentos mediante código seguro de verificación (CSV)".