Modelo 651
Saltar índice da informaciónComo consultar e obter a copia electrónica dun modelo 651 presentado. Non residentes
Para consultar unha autoliquidación do modelo 651 ou obter a copia dunha declaración xa presentada para non residentes debe acceder á páxina de trámites do modelo 651 na Sede Electrónica.
A consulta de autoliquidacións pode realizarse con certificado electrónico ou Cl@ve e permite a consulta de declaracións presentadas, sen confirmar e / ou dilixenciadas.
En primeiro lugar, establecerase un parámetro de busca segundo o estado en que se encontre a declaración: "Declaración sen confirmar", "Declaración presentada" ou "Declaración dilixenciada". Ao pulsar "Buscar" obteremos unha xanela coa listaxe de declaracións.
Para acceder ao contido, pulsa sobre o número da declaración. Este "Número declaración" óbténse ao pulsar o botón "Gardar cambios" durante a formalización do modelo 651.
Se se seleccionou "Declaración sen confirmar", visualizarase só o contido da declaración. Na parte superior da pantalla, a opción "Volver á consulta "permite acceder de novo á busca.
Se se seleccionou "Declaración presentada" ou "Declaración dilixenciada", ademais de visualizar o contido da declaración, poderase descargar o xustificante da presentación e a declaración presentada desde as ligazóns da parte superior.