Modelo 651
Saltar índice da informaciónComo obter a predeclaración do modelo 651 para presentación en papel. Ceuta e Melilla
O prazo de presentación do modelo 651 é de 30 días hábiles desde o seguinte a aquel en que se cause o acto ou contrato.
Ao acceder, mostrarase unha pantalla con tres opcións:
- "Alta de predeclaración de Ceuta e Melilla ", para xerar unha nova predeclaración.
- "Continuar predeclaracion", se se necesita modificar ou continuar coa formalización dun modelo 651 non finalizado. Cumprirá indicar o NIF do presentador, o correo electrónico do presentador e a clave persoal achegada ao gardar o modelo por primeira vez.
- "Consultar", para visualizar o detalle dunha predeclaración finalizada. Cumprirá indicar o NIF do presentador e o número da predeclaración obtida. Unha vez introducidos os datos solicitados, pódese descargar o PDF xerado e finalizado.
Pulsa sobre "Alta de Predeclaración de Ceuta e Melilla "para iniciar a predeclaración.
O programa cómpónse de tres seccións "1. Datos previos á autoliquidación ", "2. Formalización da autoliquidación "e "3. Visualización do modelo cumprimentado".
1. Datos previos á autoliquidación
Neste primeiro paso encontraremos tres pestanas: "Datos xerais", "Relación de suxeitos pasivos" e "Relación de bens que integran o caudal hereditario".
Hai que ter en conta que os campos marcados con asterisco son de formalización obrigatoria.
Non cómpre introducir todos os datos e efectuar todos os pasos nunha soa sesión, xa que a opción "Gardar cambios" permite recuperar máis adiante os datos consignados ata ese momento. Ao gardar por primeira vez, hai que introducir unha clave persoal que servirá, canda o NIF e o correo electrónico do presentador, para recuperar a declaración desde a opción "Continuar predeclaración" na xanela inicial. Antes de abandonar a sesión, lembra sempre pulsar "Gardar cambios".
Na primeira pestana "Datos xerais" débese especificar se se trata dun documento público ou privado, os datos do doador e os datos do presentador.
Cobre o resto de datos solicitados para o suxeito pasivo e os bens e dereitos, cargas e débedas e doazóns.
Se esta formalización non é correcta, ao intentar gardar os datos mostraranse os erros detectados.
Unha vez corrixidos, pulsa "Gardar cambios". Se é a primeira vez que se pulsa este botón, deberase introducir unha clave persoal.
Cando non existan erros no paso 1, poderase acceder ao seguinte paso, "Formalización da autoliquidación ".
2. Formalización da autoliquidación
Introduciranse os datos necesarios para a obtención da cota correspondente ao suxeito pasivo; despois, deberase pulsar "Simular" para comprobar cal é a cota calculada. Os campos en que apareza o signo de admiración recalcularanse ao pulsar o botón "Simular".
Cando todos os cálculos sexan correctos, continuarase ao seguinte paso facendo clic en "Paso a 3. Visualización do modelo cumprimentado".
Antes de avanzar ao paso 3, mostrarase un aviso indicando que xa non poderán facerse modificacións tras aceptar a formalización efectuada ata ese momento.
3. Visualización do modelo cumprimentado
No cadro "Aviso" poderase comprobar o número de predeclaración asignado e os pasos que se deben seguir para presentar a autoliquidación.
Pulsando o botón "Visualizar o modelo cumprimentado para imprimir", obterase o PDF xa validado. Tal como se indica no aviso, poderase recuperar esta autoliquidación co número da predeclaración e o NIF do presentador desde a opción "Consultar" na pantalla inicial do trámite do modelo 651.
O documento PDF pódese abrir directamente ou pódese gardar na ruta que se elixa. Xeraranse os exemplares correspondentes para o interesado, a Administración e o documento de ingreso para a Entidade Colaboradora, ademais das instrucións detalladas que se deben seguir para a efectiva presentación da declaración.