Modelo 685
O modelo 685, "Taxa sobre apostas e combinacións aleatorias" pode presentarse unicamente a través de internet polo que se require certificado electrónico ou DNI electrónico.
Ademais do propio titular da declaración tamén pode presentala un terceiro que actúe no seu nome, xa sexa un colaborador social ou un apoderado a realizar o trámite.
Os campos marcados con asterisco son de cumprimentación obrigatoria.Cumplimneta os datos identificativos a devindicación e liquidación.
Na parte inferior do formulario encontrarás os botóns dispoñibles:
Mostrar ou ocultar información sobre erros ou avisos de cumprimentación.
"Borrar declaración" elimina os datos da declaración na que estás a traballar para empezar unha nova.
Co botón"Validar declaración" podes comprobar se tes avisos ou erros.Mostrarase a relación de erros e avisos detectados, aos que podes acceder para a súa corrección dende o botón "Ir ao Erro" ou "Ir ao Aviso" xunto á descrición do fallo.Recorda que os avisos ofrecen información relevante que é conveniente revisar, pero non impiden a presentación da declaración.En caso de que a declaración conteña erros, estes deben ser corrixidos.
Se non se detecta ningún erro na declaración, na descrición informarase de que non hai erros.
Tamén dispós dos botóns "Importar" y "Exportar".Utiliza o botón "Exportar" para gardar a información introducida sempre que a declaración se validase correctamente.O ficheiro gárdase por defecto na carpeta de descargas que o navegador teña predeterminada, non obstante, poderás elixir a ruta na que desexas gardar o ficheiro en formato BOE que terá por nome o NIF do declarante e extensión .685.Dende "Importar", poderás recuperar a declaración obtida mediante un programa externo ou con este formulario.Ten en conta que, dende esta opción, se existen datos indicados previamente no formulario, estes se perderán ao importarse o ficheiro.Se non se utilizou o formulario proporcionado pola Axencia Tributaria para obter o ficheiro, débese asegurar que se axusta ao deseño de rexistro aprobado para o modelo 685.
Utiliza o botón "Formalizar Ingreso/Devolución" para presentar a declaración unha vez cuberta e validada.
Na ventá emerxente, selecciona o tipo de declaración.Se o resultado é a ingresar, será necesario obter primeiro o NRC e despois presentar a autoliquidación.O NRC é o Número de Referencia Completo, un código de 22 carácteres que serve como xustificante do pagamento.Dende o propio formulario, no botón "Realizar pagamento (obter NRC)", é posible conectar coa pasarela de pagamentos para xerar automaticamente un NRC cos datos que contén a declaración.
Se se opta por algúns dos tipos de recoñecemento de débeda, despois de presentar a declaración, deberase tramitar a débeda dende o botón "Tramitar débeda" que aparecerá na ventá de resposta ou dende o apartado de "Recadación" ou dende o bloque "Pagar, aprazar e consultar".
Nesta mesma ventá tamén é posible obter a declaración co formato do deseño lóxico publicado e extensión .685 dende o botón "Exportar".Poderás elixir a ruta na que desexas gardar o ficheiro que terá por nome o NIF do declarante - exercicio - período e a extensión .685.Poderás recuperar a declaración mediante a opción "Importar" en calquera momento se pechas a ventá.
O modelo 685 ten integrada tamén a opción de recoñecemento de débeda e pagamento por transferencia dende unha conta bancaria aberta nunha Entidade de Crédito NON COLABORADORA, escollendo no despregable "Seleccione o tipo de Declaración", "Recoñecemento de débeda e pagamento por transferencia".
Por último, pulsa "Asinar e Enviar".
Na nova ventá marca "Conforme" para confirmar a presentación.No cadro de texto mostrarase codificado o contido da declaración.Para continuar coa presentación da declaración pulsa en "Asinar e Enviar".
O resultado dunha presentación correcta será unha páxina de resposta na que apareza o texto "A súa presentación foi realizada con éxito" cun PDF incrustado que contén a información da presentación (Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador).