Como presentar a declaración do Imposto sobre Patrimonio
Para acceder ao formulario é posible identificarse con certificado electrónico, DNIe, Cl@ve PIN ou referencia da persoa titular.
Se se trata do primeiro acceso, a páxina inicial será a de datos identificativos e idioma da declaración que podes modificar se fose necesario.Tras comprobar a pantalla inicial pulsa "Aceptar" para continuar.
Se xa estiveches a traballar co formulario, o sistema detéctao e permite continuar coa declaración ou iniciar unha nova.
Unha vez no formulario web poderás cubrir a declaración navegando entre as distintas páxinas que a compoñen ou utilizando o botón "Apartados" para acceder ás distintas seccións.É posible "Gardar" a declaración para recuperala máis adiante nunha nova sesión pulsando "Continuar" na ventá inicial.
Finalizada a cumprimentación, verifica o resultado na última páxina en "Documento de ingreso".
Pulsa "Formalizar Ingreso/ Devolución";no caso de que o resultado sexa un ingreso, no apartado "Seleccione o tipo de Declaración" poderás escoller a forma de pagamento.
A domiciliación bancaria estará dispoñible se a declaración se presenta entre o día 7 de abril e o 27 de xuño de 2022.Indica o IBAN no que desexas domiciliar a declaración, que debe tratarse dunha conta bancaria informada á AEAT que admita domiciliacións e da que sexa titular.
Se optas polo pagamento mediante NRC ou outras formas de pagamento que supoñan un ingreso, e se accedes con Cl@ve PIN, certificado electrónico ou DNIe, pulsa o botón "Realizar pagamento (obter NRC)", para enlazar coa pasarela de pagamento e obter o NRC xustificante do pagamento.
Outra alternativa serían as opcións de recoñecemento de débeda.Nestes casos, na folla resposta de presentación realizada con éxito, mostrarase un enlace para realiar a presentación do aprazamento ou da solicitude de compensación.Pulsa "Tramitar débeda" e aparecerá o detalle da liquidación cos datos do debedor e a clave de liquidación.
Dende a ventá "Formalizar Ingreso/Devolución" tamén podes obter un ficheiro con formato BOE, axustado ao deseño de rexistro en vigor, utilizando o botón "Exportar" situado na esquina inferior esquerda.
Pulsa "Conforme" e despois "Asinar e Enviar".
Se a declaración queda presentada correctamente devolverase unha páxina coa mensaxe "A súa presentación foi realizada con éxito" e o código seguro de verificación asignado.Ademais mostrarase un PDF que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a declaración presentada.Consulta o panel de avisos por se necesitas realizar algunha rectificación.