Como modificar o código IBAN despois de presentar a declaración
Saltar índice da informaciónSe o resultado é unha devolución
Tras acceder ao teu expediente desde "Servizo tramitación de borrador / declaración (Renda Web)", no apartado "Servizos Dispoñibles", podes consultar a conta IBAN que indicaches na declaración desde a opción "Consultar conta IBAN de devolución".
Se necesitas modificar a conta, utiliza directamente a opción "Modificar conta IBAN de devolución". Este servizo estará dispoñible sempre que aínda non se enviase a orde de transferencia á túa Entidade Bancaria. En declaracións conxuntas requirirase introducir a referencia do cónxuxe, independentemente da forma de acceso que elixa o declarante.
Indica o código IBAN da nova conta en que desexas que se efectúe a devolución e pulsa "Continuar".
Confirma a modificación pulsando "Aceptar".
Obterás en pantalla a confirmación da modificación da conta.
Nota: Se accedes coa referencia do expediente ou como colaborador, é imprescindible que verifiques a conta bancaria xa que se comprobará a titularidade da mesma.
En caso de declaración conxunta, requirirase indicar o DNI / NIE e a referencia do cónxuxe.