Como modificar o código IBAN despois de presentar a declaración
Saltar índice da informaciónOpcións de consulta e modificación da conta IBAN
Se tras a presentación da declaración de Renda necesitas modificar o código IBAN comunicado á AEAT, accede de novo ao teu expediente desde a ligazón "Servizo tramitación de borrador / declaración (Renda WEB)" e verifica se a modificación pode realizarse desde o apartado "Servizos Dispoñibles".
As opcións de consulta e modificación da conta bancaria son as seguintes:
Se o resultado é unha devolución:
- "Consultar conta IBAN de devolución": se a orde de transferencia aínda non se fixo efectiva, desde esta opción podes consultar a conta bancaria facilitada na presentación.
- "Modificar conta IBAN de devolución": se a orde de transferencia aínda non se fixo efectiva e existen erros no código IBAN, desde esta opción tes acceso á modificación.
Se o resultado é un ingreso:
- "Consulta da domiciliación ": desde esta opción poderás consultar o código IBAN da conta bancaria e, no caso de que a orde de domiciliación non se efectuase, tamén posibilita a rectificación do código IBAN e a revogación da orde de domiciliación para seleccionar outras formas de pagamento. Poden aparecer 2 opcións adicionais en función da situación do expediente: "Fraccionar e domiciliar os dous prazos" se nun principio domiciliaches o total do importe e "Domiciliar o segundo prazo" se non o fixeches no momento da presentación.
Ademais, dispós da opción "Domiciliacións - Consulta, revogación, rehabilitación ou rectificación da conta de domiciliación", no portal de Renda, dentro de "Todas as xestións".
A continuación, describímosche con máis detalle os procesos de modificación do código IBAN da conta bancaria, accedendo ao teu expediente a través do servizo "Servizo tramitación de de borrador / declaración (Renda Web)", dentro do portal de Renda.
O acceso require identificarse con:
- Cl@ve (se estás rexistrado no sistema Cl@ve)
- Número de referencia
- Certificado ou DNI electrónico
Se tes dúbidas sobre os tipos de acceso á Sede electrónica, recomendámosche que consultes a información relacionada dispoñible.