Renda 2019
Saltar índice da informaciónConsulta de datos fiscais 2019
A consulta de datos fiscais de 2019 está dispoñible na páxina de trámites do modelo 100 na Sede Electrónica, identificándose con certificado/ DNI electrónico, Cl@ve PIN ou co número de referencia.
Se optas polo acceso con referencia ou Cl@ve PIN, solicítase como dato de contraste a data de validez do DNI, a data de expedición se é un DNI permanente ou o número de soporte, se é un NIE.
Na seguinte pantalla, escolle o enlace dispoñible para o tipo de acceso elixido, que variará en función da túa situación.
Se estás rexistrado en Cl@ve PIN e optas por esta identificación, tras obter o PIN, ben por SMS ou pola app, pulse "Acceder".
Se elixes a identificación con referencia, achega a última referencia válida que obtiveses.Se non dispós dela, pulsa "Non teño Referencia" para obtela.Recorda que pode utilizar a app da Axencia Tributaria para conseguir unha referencia.
Tras identificarte por calquera das tres vías, accederás aos datos fiscais que lle constan á Axencia Tributaria para o exercicio 2019.