Renda 2021
Saltar índice da informaciónRenda WEB Open 2021
"Renda WEB Open" é unha versión de Renda WEB que funciona como un simulador; permite simular a túa declaración de IRPF de 2021, enchendo os datos da mesma, non valida o NIF do declarante e non dá opción a importar datos fiscais.
Renda WEB Open non permite a presentación da declaración, xa que se trata dunha simulación sen validación de datos identificativos. Tampouco é posible trasladar os datos de Renda WEB Open á declaración de Renda.
Nunha primeira xanela poderás iniciar unha "Nova declaración" ou "Cargar" os datos dunha declaración gardada previamente (ficheiro.ses que se xerou ao gardar a declaración).
O primeiro paso é introducir os datos identificativos, incluído o NIF , aínda que non se efectuará ningunha validación contra o censo da Axencia Tributaria.
Unha vez aceptada a pantalla de datos identificativos, accédese directamente ao resumo de resultados.
Desde as ligazóns dispoñibles nos conceptos do resumo (nos recadros numéricos) poderás dirixirche as distintas páxinas da declaración para ir introducindo o resto de datos que permitirán efectuar os cálculos.
Pulsa "Continuar coa declaración "para acceder ás distintas páxinas que conforman a declaración.
Unha vez na declaración, na parte superior, verás varios botóns que dan acceso a distintas utilidades e que che permitirán incluír os datos persoais e económicos, para simular o resultado.
-
"Datos persoais" onde verás os datos tanto persoais coma familiares que incluíches na declaración.
-
"Apartados" desde onde podes acceder ás distintas seccións da declaración.
-
"Validar", para comprobar se a declaración ten avisos ou erros e poder corrixiros pulsando "Ir ao Aviso "ou "Ir ao Erro ".
-
"Gardar" permíteche xerar un ficheiro cos datos da declaración e extensión.ses, terá por nome dat-100-NIF do declarante-data.ses. Por defecto gárdase na carpeta que teña predetermina o navegador que estás utilizando e poderás posteriormente importaro desde o botón Cargar, ao entrar de novo a Renda web Open, na xanela inicial.
-
Desde a icona da "cámara de vídeo" poderás enlazar aos distintos vídeos de axuda de Renda 2021.
-
"Axuda" desde onde accederás ao manual de Renda 2021.
-
Icona da "lupa", que che permite buscar un determinado recadro ou un concepto concreto na declaración.
Unha vez estean todos os datos introducidos accede á última páxina, "Documento de ingreso ou devolución" para comprobar o resultado.
Renda WEB Open permite a xeración dun PDF coa vista previa da declaración, que non é válido para a súa presentación. Fai click en "Resumo de declaracións" para acceder de novo aos resultados para cada modalidade e xerar o PDF desde o botón “Vista previa”.