Declaracións informativas
Coa finalidade de facilitar a confección, modificación e presentación das declaracións, en 2017 desaparecen as plataformas de informativas e os programas de axuda, polo que xa non será necesaria a súa descarga e instalación no PC do usuario. No seu lugar, todas estas operacións poderanse realizar cos formularios correspondentes de cada modelo, accesibles desde calquera navegador.
Xestións
Plataformas informativas
Para poder obter o programa de axuda de determinados modelos de declaracións informativas, debe descargar a Plataforma Informativa correspondente ao seu sistema operativo (Windows, Linux ou MAC), se é que non tena xa instalada. Unha vez descargada e instalada a Plataforma Informativa, desde a mesma poderá incorporar os módulos específicos de cada un dos modelos de informativas que deba presentar, xa sexan deste período ou de períodos anteriores.
- Plataforma informativa Windows (29.518.360 bytes- exe)
- Plataforma informativa Linux (28.045.793 bytes- sh)
- Plataforma informativa Mac OS X (28.582.023 bytes- dmg)
- Ficheiro comprimido (descomprimir e executar o ficheiro.jar) (26.200.298 bytes- zip)