Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

8.9.5.6. Dedución por ascendente, separado legalmente

Terán dereito a unha dedución de ata 1.200 euros por ter a condición de ascendente separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos e polos que teña dereito á totalidade do mínimo por descendentes.

Esta dedución minorará a cota diferencial do imposto. Polo tanto, se a súa declaración resulta a devolver incrementará o importe da devolución e se o resultado da declaración é positivo minorará o importe a pagar.

No caso desta dedución, non existirá a cesión do dereito a percibir a dedución, xa que se trata dun único ascendente con dereito a ela.

Compatibilidade

Esta dedución é compatible coa dedución por maternidade e coa dedución por fillos con discapacidade. Pero non coa de familia numerosa.

  1. 8.9.5.6.1. Formalización