Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

8.9.5.6.1. Formalización

Deberá consignar todos os datos que lle indicamos a continuación abrindo para iso a xanela de captura de datos.

  • Indicará, marcando o recadro correspondente, que cumpre os requisitos para ter dereito a esta dedución. No caso de que se cumprisen os requisitos para ter dereito á dedución soa durante unha parte do ano, deberá indicar o primeiro mes en que ten dereito á dedución e se é o caso o último mes con dereito á mesma.
  • Deberá consignar as cantidades percibidas, se é o caso, como aboamento anticipado. Non obstante, se percibiu de forma indebida (total ou parcialmente) o aboamento anticipado e antes da presentación desta declaración regularizase esa situación mediante o ingreso das cantidades recibidas en exceso a través do modelo 122, o importe que hai que consignar en concepto de aboamento anticipado será a diferenza entre o importe que lle aboasen anticipadamente e o importe ingresado a través do devandito modelo.
  • Se é perceptor de prestacións por desemprego ou pensionista durante todo o exercicio deberá marcar só o recadro que corresponde a todo o ano. En caso contrario, deberá marcar os meses en que percibe esas prestacións.
  • Se ten cotizacións á Seguridade Social ou Mutualidade durante todo o exercicio de 100 ou máis euros marcará o recadro habilitado para ese fin. Noutro caso deberá reflectir as cotizacións de cada un dos meses do ano.