Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.5.27. Por gastos de enfermidade para residentes na illa da Palma

Esta dedución non será aplicable aos contribuíntes falecidos antes do 19 de setembro de 2021.

Contía

Nos períodos impositivos 2021 e 2022 os contribuíntes, que cumpran os requisitos, poderán deducirse un 35% de todos os gastos e honorarios profesionais abonados durante o período impositivo.

Requisitos e condicións

  • Os contribuíntes teñen que ter dereito a aplicar  a dedución  por mínimo persoal, familiar e por discapacidade.

  • Os gastos e honorarios profesionais teñen que aboarse:

    • Pola prestación de servizos realizada por quen teñan a condición de profesionais médicos ou sanitarios, agás farmacéuticos, por motivo da prevención, diagnóstico e tratamento de enfermidades, saúde dental, embarazo e nacemento de fillos, accidentes e invalidez, tanto propios como das persoas que se inclúan no mínimo familiar.

      En ningún caso inclúese a asistencia con fins estéticos, agás cando constitúan a reparación de danos causados por accidentes ou intervencións que afecten as persoas e os tratamentos destinados á identidade sexual.

    • Por adquisición de aparellos e complementos, incluídas os lentes graduados e as lentes de contacto, que polas súas características obxectivas só poidan destinarse a suplir as deficiencias físicas das persoas.

  • Esta dedución é incompatible con respecto ao mesmo contribuínte coa dedución por gastos de enfermidade.

Base da dedución

A base conxunta desta dedución estará constituída polas cantidades xustificadas con factura e satisfeitas, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, ás persoas ou entidades que presten os servizos.

A dedución soa poderana aplicar as persoas titulares das facturas e que, pola súa parte, realicen o pagamento polos medios establecidos.

En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

Límites

Esta dedución terá un límite anual de:

  • 500 euros en tributación individual.

  • 700 euros en tributación conxunta.

Estes límites incrementaranse en 100 euros en tributación individual cando o contribuínte sexa unha persoa con discapacidade e acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

Formalización

Consignará de maneira separada os gastos por prestación de servizos médicos e sanitarios e os que correspondan á adquisición de aparellos e complementos.