7.3.7.5. Vivenda en que, en caso de separación ou divorcio, residen os fillos eu o excónxuxe
O contribuínte marcará este uso cando se trate de inmobles de que sexa total ou parcialmente titular, pero que constitúen a vivenda habitual do seu anterior cónxuxe e / ou dos seus fillos, ao haberlles sido asignado a estes o uso dos mesmos na resolución ou sentenza de separación legal ou divorcio.
Se o inmoble tivese durante o ano outros usos lembre que tamén deberaos marcar e cubrir os datos adicionais que se soliciten.
Para este uso deberá reflectir:
-
O NIF do ex-cónxuxe ou se é o caso o número de identificación do país de residencia.
-
O número de días en que tivo este uso. Se o inmoble tivese durante o ano outros usos tamén deberá marcaros e cubrir os datos adicionais que se soliciten.