Índices correctores e reducións
-
Índices correctores
O programa calcula e aplica, en función dos datos consignados na "información adicional" os índices correctores que procedan segundo as características da actividade desenvolvida.
-
Redución de carácter xeral
Esta redución do 20 %será calculada polo programa.
O rendemento neto de módulos, así calculado, tera en contase para a aplicación, se é o caso, da redución da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de Modernización das Explotacións Agrarias (agricultores novos).
-
Redución por agricultores novos
Para que o programa aplique esta redución debería cubrir SI no recadro "1ª Instalación explotación prioritaria" da "información adicional"
-
Gastos extraordinarios por circunstancias excepcionais
Poderá consignar o importe dos gastos co fin de minorar o rendemento neto cando o desenvolvemento da actividade vísese afectado por incendios, inundacións, afundimentos ou outras circunstancias excepcionais que determinen gastos extraordinarios alleos ao proceso normal do exercicio daquela sempre que se cumpran determinadas condicións.
-
Redución por rendementos xerados en máis de dous anos ou obtidos de forma notoriamente irregular
Os rendementos netos cun período de xeración superior a dous anos, así como aqueles cualificados regulamentariamente como obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, cando se imputen ambos os dous a un único período impositivo, reduciranse nun 30 %.
Normalmente a redución deberá consignarse sen signo algún. Porén, cando a redución afecte a un rendemento neto negativo consignarase precedida do signo (-).
-
Redución polo exercicio de determinadas actividades económicas
Os contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000 euros, incluídas as da propia actividade económica, poderán reducir o rendemento neto das actividades económicas nas seguintes contías:
-
Contribuíntes con rendas non exentas iguais ou inferiores a 8.000 euros anuais: 1.620 euros anuais.
-
Contribuíntes con rendas non exentas comprendidas entre 8.000,01 e 12.000 euros anuais: 1.620 euros – [0,405 x (Rendas – 8.000 euros)]
Esta redución ten como límite a contía dos rendementos das actividades económicas dos contribuíntes que xeren o dereito á súa aplicación.
Esta redución é única para o conxunto das actividades económicas exercidas, con independencia do método polo que se determine o rendemento neto, polo que, se se realizan varias, haberá que distribuír o seu importe de forma proporcional entre todas elas.
-