8.9.3. Dedución por dobre imposición internacional
Cando entre as rendas do contribuínte figuren rendementos ou ganancias patrimoniais obtidas e gravadas no estranxeiro, deducirase a menor das cantidades seguintes:
-
O importe efectivo do satisfeito no estranxeiro por razón dun imposto de natureza idéntica ou análoga a este imposto ou ao Imposto da Renda de non Residentes sobre os devanditos rendementos ou ganancias patrimoniais.
-
O resultado de aplicar o tipo medio efectivo de gravame á parte de base liquidable gravada no estranxeiro.
Con esta finalidade, o tipo medio efectivo de gravame será o resultado de multiplicar por 100 o cociente obtido de dividir a cota líquida total pola base liquidable. Para tal fin deberase diferenciar o tipo de gravame que corresponda ás rendas xerais e do aforro, segundo proceda. O tipo de gravame expresarase con dous decimais.
Cando se obteñan rendas no estranxeiro a través dun establecemento permanente practicarase esta dedución, e en ningún caso resultará de aplicación o procedemento de eliminación da dobre imposición prevista no artigo 22 do texto refundido da Lei do Imposto sobre Sociedades.