8.9.3.1 Formalización
A través da xanela de captura de datos farase constar a seguinte información:
-
Rendas incluídas na base impoñible xeral
Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar separadamente a contía das rendas obtidas e gravadas no estranxeiro incluídas na base impoñible xeral, tendo en conta o seguinte:
-
Indicaranse os rendementos netos do traballo (ingresos íntegros menos os gastos deducibles) obtidos no estranxeiro.
-
Indicaranse os rendementos netos reducidos do capital e de actividades económicas obtidos no estranxeiro.
-
Indicaranse as ganancias patrimoniais obtidas no estranxeiro.
-
Consignarase o importe efectivo do satisfeito no estranxeiro por razón de gravame de carácter persoal.
-
-
Rendas incluídas na base impoñible do aforro
Abrirase unha xanela de captura de datos en que se indicará a contía das rendas obtidas e gravadas no estranxeiro incluídas na base impoñible do aforro, tendo en conta o seguinte:
-
Se as rendas obtidas no estranxeiro teñen a consideración de rendementos do capital mobiliario, indicarase o importe do rendemento neto reducido obtido no estranxeiro. En caso de tratarse de ganancias patrimoniais, farase constar o importe da ganancia patrimonial sometida a tributación.
-
Consignarase o importe efectivo do satisfeito no estranxeiro por razón de gravame de carácter persoal.
-