Formalización
A través dunha xanela de captura de datos deberá facilitar a información necesaria para o cálculo do importe da dedución:
-
Datos identificativos do cónxuxe con discapacidade.
-
Data de recoñecemento da discapacidade.
-
Data de cesamento da discapacidade se se produciu en 2021.
-
Se o matrimonio estivo vixente durante todo o ano marcará o recadro correspondente.
-
Se o matrimonio non estivo vixente durante todo o ano indicará o primeiro mes e o último mes completo de 2021 o que estivo vixente.
-
Cando o cónxuxe do declarante de dereito a aplicar, no exercicio, a dedución por ascendente ou descendente con discapacidade a cargo, o contribuínte deberá indicaro na súa declaración marcando o recadro correspondente.
Ao marcar o recadro aparecerá un desdobrable, en que deberá reflectir os meses en que os ascendentes ou descendentes teñen dereito á dedución.
-
O importe do aboamento anticipado da dedución.
Teña en conta que se percibiu de forma indebida (total ou parcialmente) o aboamento anticipado antes da presentación desta declaración regularizase esa situación mediante o ingreso das cantidades recibidas en exceso a través do modelo 122, o importe que hai que consignar en concepto de aboamento anticipado, no recadro 0249, será a diferenza entre o importe que lle aboasen anticipadamente e o importe restituído a través do devandito modelo.
-
Os datos relativos a pensionistas e desempregados e / ou as cotizacións á Seguridade Social ou Mutualidade correspondente ao contribuínte que teña dereito á dedución.
-
Se presenta declaración individual deberá indicar se está ou non está obrigado a declarar e se opta por presentar declaración conxunta deberá indicar se, nesa modalidade, ten ou non obriga de declarar.