8.10.1. Declaración complementaria
Os erros ou omisións en declaracións xa presentadas que motivasen a realización dun ingreso inferior ao que legalmente correspondese ou a recepción dunha devolución superior á procedente, deben regularizarse mediante a presentación dunha declaración-liquidación complementaria á orixinariamente presentada.
Tamén deben regularizarse mediante a presentación de declaracións-liquidacións complementarias aquelas situacións ou circunstancias sobrevidas que motiven a perda do dereito a unha redución ou exención xa aplicada nunha declaración anterior.
Non obstante, a perda do dereito a determinadas deducións, debe regularizarse na declaración do exercicio en que se producise o incumprimento dalgún dos requisitos esixidos para a consolidación do dereito ás devanditas deducións.