7.1.6. Redución por obtención de rendementos do traballo
Esta redución aplicarase unicamente aos contribuíntes con rendementos netos do traballo inferiores a 19.747,5 euros sempre que non teñan rendas, excluídas as exentas, distintas das do traballo superior a 6.500 euros. O importe da redución será:
-
Contribuíntes con rendementos netos do traballo iguais ou inferiores a 14.047,5 euros: 6.498 euros anuais.
-
Contribuíntes con rendementos netos do traballo comprendido entre 14.047,5 e 19.747,5 euros: 6.498 euros menos o resultado de multiplicar por 1,14 a diferenza entre o rendemento do traballo e 14.047,5 euros anuais.
Con esta finalidade, o rendemento neto do traballo será o resultante de minorar o rendemento íntegro nos gastos previstos nas letras a), b), c), d) e e) do artigo 19.2 da Lei do Imposto.
Como consecuencia da aplicación da redución prevista neste artigo, o saldo resultante non poderá ser negativo.
En todo caso, non cómpre que realice ningunha operación a redución calcúlaa o programa.