Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

7.5.1.4. Formalización

Deberá cubrir os seguintes apartados:

  • NIF da entidade

    Consignará o número de identificación fiscal (NIF) da entidade en réxime de atribución de rendas cuxas rendas atribuídas deban incluírse neste apartado e de que o contribuínte é socio, comuneiro ou partícipe.

    As entidades Non residentes que carecen de NIF, consignarán no recadro 1562 o número de identificación que teñan asignado as citadas entidades no país de residencia, e marcarán cunha “X” o recadro 1563 para indicar esta circunstancia.

  • Porcentaxe de participación do contribuínte na entidade

    Consignarase neste recadro, expresado con dous decimais, a porcentaxe de participación que ten o socio, partícipe ou comuneiro na entidade en réxime de atribución de rendas.

  • Rendas atribuídas

    Consignarase o rendemento neto atribuído nos recadros correspondentes en función da fonte de que proceda: rendementos do capital mobiliario diferenciando aqueles a integrar na base impoñible xeral ou do aforro, rendementos do capital inmobiliario, rendementos de actividades económicas e ganancias e perdas patrimoniais, distinguindo así mesmo dentro destas últimas as que deriven ou non da transmisión dun elemento patrimonial.

    Non serán aplicables, por parte da entidade ao calcular a renda obtida, as  reducións  sobre o rendemento neto previsto na normativa do IRPF. Serán os membros persoas físicas da entidade que sexan contribuíntes  do IRPF os que practicarán na súa declaración as reducións.

    As rendas correspondentes ao réxime especial de imputación de rendas inmobiliarias deberán declararse no apartado C da declaración "Relación de bens inmobles e rendas derivadas dos inmobles a disposición dos seus titulares, arrendados ou cedidos a terceiros, ou afectos a actividades económicas "

    • Rendementos do capital mobiliario a integrar na base impoñible xeral:

      Deberá facilitar o rendemento neto atribuído e, se é o caso, o importe das reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

    • Rendementos do capital mobiliario a integrar na base impoñible do aforro:

      Deberá facilitar a seguinte información:

      • Deberá consignar o conxunto de rendementos de capital mobiliaria sen incluír os rendementos que se indican no apartado seguinte.

      • Deberá distinguir os rendementos de capital mobiliario derivados de débeda subordinada ou de participacións preferentes (diferenciando os rendementos positivos dos negativos) de que non deriven deste tipo de produtos.

    • Rendementos do capital inmobiliario (inmobles arrendados ou cedidos a terceiros)

      Deberá consignar o rendemento neto atribuído pola entidade en atribución de rendas e, se é o caso, as reducións (reducción do 60 %art.23.2 redución art. 23.3 ) e minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

      Cando o adquirente, cesionario, arrendatario ou subarrendatario do ben inmoble ou do dereito real que recaia sobre o mesmo, sexa o cónxuxe ou un parente do contribuínte, incluídos os afíns, ata o terceiro grao inclusive (pais-fillos; avós-netos; irmáns; tíos-sobriños), e o rendemento neto atribuído menos as reducións e minoracións se é o caso aplicables, sexa inferior ao rendemento mínimo computable en caso de parentesco deberá indicar no apartado da xanela referente a "Rendemento neto atribuído" o rendemento mínimo en caso de parentesco e non incluír ningún dato en "Reducións e Minoracións" .

      Deberá relacionar tamén os inmobles arrendados ou cedidos a terceiros, indicando para cada un deles os seguintes datos:

      • Titularidade : Reflectirase a porcentaxe na titularidade do inmoble como consecuencia da participación na entidade.

      • Natureza : Indicarase se o inmoble ten natureza rústica ou urbana.

      • Número de días en que os inmobles estiveron arrendados ou cedidos a terceiros.

      • Situación: Seleccionarase a clave que corresponda á situación do inmoble entre as que aparecen no desdobrable da xanela.

      • Referencia catastral: recollerase neste apartado a referencia catastral do inmoble que consta no recibo do Imposto de Bens Inmobles que corresponde ao mesmo.

      Picando na icona "Máis info" que se encontra a continuación do recadro 1575 ábrese unha xanela en que se visualizarán a relación de todos os bens inmobles arrendados ou cedidos a terceiros polas entidades en réxime de atribución de rendas de que sexa socio, herdeiro, comuneiro ou partícipe.

    • Rendementos de actividades económicas

      Deberá marcar o recadro correspondente se opta, para os efectos da imputación temporal dos rendementos, pola aplicación do criterio de cobramentos e pagamentos, en lugar do de devindicación.

      Deberá elixir o réxime de determinación do rendemento neto, consignar o rendemento neto atribuído, e se é o seu caso, as provisións deducibles e gastos de difícil xustificación (só se o rendemento se determina en estimación directa simplificada) o importe das reducións  (art. 31.1, art. 32.2.3 e art. 32.3) e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.Os gastos propios de cada un dos comuneiros, socios ou partícipes que, por non haberse pactado o seu pagamento con cargo á entidade en réxime de atribución de renda, sexan satisfeitos por cada un deles terán o carácter de deducibles para eles, sempre que exista a debida correlación coa obtención dos ingresos. A deducibilidade destes gastos efectuarase polo comuneiro, socio ou partícipe que os satisfixese minorando o rendemento a el atribuído pola entidade.No caso de percibir rendementos de diferentes actividades determinados polo método de estimación directa simplificada deberá reagrupar os rendementos en dous recadros diferenciados, por un lado todas as actividades cuxo rendemento sexa positivo, e noutra todas as que sexan negativas.

    • Ganancias e Perdas patrimoniais imputables ao exercicio: deberá indicar nos recadros correspondentes as ganancias e / ou perdas patrimoniais atribuídas pola entidade, distinguindo as que deriven ou non da transmisión dun elemento patrimonial.

      Distinguiremos primeiramente, as ganancias e perdas patrimoniais que non derivan da transmisión dalgún elemento patrimonial.

      A continuación, consignará  as ganancias patrimoniais atribuídas pola entidade que derivan da transmisión de elementos patrimoniais.

      Se desexa aplicar a Disposición Transitoria 9ª da Lei do Imposto  (coeficientes redutores) para calcular o importe sometido a tributación dalgunha ganancia patrimonial, indicará o valor acumulado das transmisións ás que aplicou nos anos 2016 a 2021  a devandita disposición.

      No apartado seguinte, e no caso de que o importe dalgunha transmisión destínese a constituír unha renda vitalicia, deberá consignar os datos solicitados na xanela de captura datos.

      Cando reinvestise en rendas vitalicias o importe total ou parcial obtido nalgunha ou todas as transmisións efectuadas no exercicio, picando na icona "Máis info" ábrese unha xanela en que se visualizará a información relativa á exención por reinvestimento en rendas vitalicias correspondente ás ganancias ás que se aplicase a mesma.

      Se a transmisión efectuada é a dun inmoble urbano adquirido entre o 12 de maio e 31 de decembro de 2012, a ganancia patrimonial obtida estará exenta nun 50 %.

      Se o importe da ganancia está exenta por reinvestimento en entidades de nova ou recente creación  deberá capturar os datos na xanela de captura correspondente.

      Cando reinvestise en accións ou participacións de empresas de nova ou recente creación o importe total ou parcial obtido nalgunha ou todas as transmisións efectuadas no exercicio, picando na icona "Máis info" ábrese unha xanela en que se visualizará a información relativa á exención por reinvestimento correspondente ás ganancias ás que se aplicase a mesma.

      Se á ganancia patrimonial obtida élle de aplicación a Disposición Transitoria Novena, isto é, se o elemento patrimonial transmitido foi adquirido con anterioridade a 31 de decembro de 1994, consignará o valor de transmisión do devandito elemento patrimonial, a parte da ganancia á que lle resulte aplicable a redución e o importe da mesma.

  • Retencións e ingresos a conta atribuídos

    Consignaranse as retencións e ingresos a conta atribuídos e o programa trasladará o importe aos recadros 0592 a 0600 da declaración.