Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

Formalización

A través dunha xanela de captura de datos deberá facilitar, no caso de que non constase, a información necesaria para o cálculo do importe da dedución:

  • Datos identificativos do cónxuxe con discapacidade.

  • Data de recoñecemento da discapacidade.

  • Data de cesamento da discapacidade se se produciu en 2023.

  • Se o matrimonio estivo vixente durante todo o ano marcará o recadro correspondente.

  • Se o matrimonio non estivo vixente durante todo o ano indicará o primeiro mes e o último mes completo de 2023 en que estivo vixente.

  • Cando o cónxuxe do declarante dea dereito a aplicar no exercicio a dedución por ascendente ou descendente  con discapacidade a cargo o contribuínte deberá indicaro na súa declaración marcando o recadro correspondente.

    Ao marcar o recadro aparecerá un desdobrable, en que deberá reflectir os meses en que os ascendentes descendentes teñen dereito á dedución.

  • O importe do aboamento anticipado da dedución.

    Se percibiu de forma indebida (total ou parcialmente) o aboamento anticipado e antes da presentación desta declaración regularizase esa situación mediante o ingreso das cantidades recibidas en exceso a través do modelo 122, o importe que hai que consignar en concepto de aboamento anticipado, no recadro 0249, será a diferenza entre o importe que lle aboasen anticipadamente e o importe restituído a través do devandito modelo.

  • Os datos relativos a pensionistas e desempregados e / ou as cotizacións á Seguridade Social ou Mutualidade correspondente ao contribuínte que teña dereito á dedución.

  • Se presenta declaración individual deberá indicar se está ou non está obrigado a declarar e se opta por presentar declaración conxunta deberá indicar se, nesa modalidade, ten ou non obriga de declarar.