Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

8.7.6.3. Dedución por cónxuxe non separado legalmente con discapacidade

  1. Terán dereito a esta dedución:

    • Os contribuíntes que realizan unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou Mutualidade alternativa (colectivo 1).

    • Os contribuíntes que perciban prestacións contributivas  e asistenciais do sistema de protección do desemprego, pensións abonadas pola Seguridade Social, Clases Pasivas ou por Mutualidades de previsión social alternativas (colectivo 2).

  2. A contía da dedución será de ata 1200 euros anuais polo cónxuxe non separado legalmente con discapacidade sempre que:

    • O cónxuxe con discapacidade non teña  rendas  anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros.

    • Non xere o dereito ás deducións por descendentes ou ascendentes con discapacidade; é dicir, non cómpre que  un contribuínte aplicase de forma efectiva na súa declaración (ou obtido o pagamento adiantado) da dedución por descendente ou ascendente con discapacidade, abondará con que  o cónxuxe con discapacidade  xerase o dereito nese contribuínte para que non resulte aplicable esta dedución.

    A dedución será proporcional ao número de meses en que concorran de forma simultánea a situación de cónxuxe con discapacidade e a realización dunha actividade por conta propia ou allea pola que se estea dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou Mutualidade alternativa, ou ben, a percepción de prestacións contributivas ou asistenciais do sistema de protección do desemprego, ou pensións abonadas pola seguridade Social, Clases Pasivas ou por Mutualidades de Previsión Social alternativas.

    Para os efectos do cómputo do número de meses para o cálculo do importe da dedución tera en contase a situación do estado civil e da discapacidade no último día de cada mes, a alta na  Seguridade Social ou Mutualidade alternativa entenderase cumprido cando esta situación se produza en  calquera día do mes e, no caso das prestacións do sistema de protección de emprego cando se perciban en calquera día do mes.

    O límite da dedución será: 

    • Para os contribuíntes que realizan unha actividade por conta propia ou allea con cotizacións, o límite  será  a contía das devanditas cotizacións, sen ter en consideración as bonificacións que puidesen corresponderlles. (colectivo 1)

    • Para  os contribuíntes  que perciba prestacións do sistema de protección do desemprego ou ser pensionista non existirá esta limitación, tendo dereito á aplicación da dedución cada mes en que, polo menos, coincida a situación de discapacidade e a percepción de cualesquier clase de prestación. (colectivo 2)

  1. Formalización