2. Identificación do intermediario
Debe cubrir os datos do intermediario que solicita a alta.
Os campos “NIF” e “Apelidos e nome ou razón social” non son modificables.
O campo “Número de identificación como intermediario (NIOSSIn)” non debe cubrirse.
Cubra, se é o caso, os campos seguintes:
-
“País da sede no estranxeiro se non é unha empresa da UE ”: cubrao só se o país da sede é diferente de España e está nun país non pertencente á UE. Nese caso, indique tamén o número para os efectos de IVE asignado polo país da sede ou, no seu defecto, o nº de identificación fiscal atribuído polo devandito país. Se a súa sede está noutro país da UE distinta de España deberá rexistrarse como intermediario nesoutro outro país comunitario, non en España.
Para os efectos de IVE considérase que as empresas con sede nas Canarias, Ceuta ou Melilla non teñen a súa sede na Comunidade, polo que deberán marcar este apartado, indicando o código IC (Canarias), XC (Ceuta) ou XL (Melilla) segundo corresponda. Para poder darse de alta como intermediarios en España deberán estar establecidos para os efectos de IVE no territorio español de aplicación do Imposto. O enderezo dese establecemento é a que deben consignar no apartado "3. Datos do intermediario en España".
-
Denominación ou denominacións comerciais do intermediario, se son distintas do nome ou da razón social.
-
Declaración de ostentar a condición de operador económico autorizado ou de cumprir os requisitos para operar como intermediario.