Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto de Sociedades 2018

4.2.52 Claves 02188 e 02189 exención sobre a renda obtida nos supostos do Art. 21.3 LIS distintos a transmisións de valores de entidades, entidades non residentes

No referente á renda obtida na transmisión de participacións de entidades non re­sidentes, deberase incluír na clave [02189] «Exención sobre a renda obtida nos supostos do art. 21.3 LIS distintos a transmisións de valores de entidades non residentes» da páxina 13 do modelo 200, o importe das rendas positivas obtidas nestes supostos que están exentas por cumprir cos requisitos do artigo 21.3 da LIS .

Na clave [02188] «Exención sobre a renda obtida nos supostos do art. 21.3 LIS distintos a transmisións de valores de entidades non residentes» da páxina 13 do modelo 200, deberá incorporarse o importe das rendas negativas obtidas nos supostos do artigo 21.3 da LIS distintos das transmisións de participacións de entidades residentes que non se integren na base impoñible.

Nota común ás exencións do artigo 21.3 da LIS .

Non se aplicará a exención prevista no artigo 21.3 da LIS :

  1. Ás rendas distribuídas polo fondo de regulación de carácter público do mercado hipo­tecario.

  2. Ás rendas obtidas por agrupacións de interese económico españolas e europeas, e por unións temporais de empresas, cando, polo menos un dos seus socios, teña a condición de persoa física.

  3. Ás rendas de fonte estranxeira que a entidade integre na súa base impoñible e en relación coas cales opte por aplicar, se procede, a dedución establecida nos artigos 31 ou 32 desta Lei.