Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto de Sociedades 2018

4.2.66 Claves 00381 e 00382 minaría e hidrocarburos: factor de esgotamento (Arts. 91 e 95 LIS)

Consignarase na clave [00382], como diminución do resultado da conta de perdas e ganancias, o importe das cantidades que se destinen á dotación do factor de esgotamento por aqueles contribuíntes que desenvolvan actividades polas que poidan acollerse ao réxime fiscal da minaría ou ao réxime fiscal da investigación e explotación de hidrocarburos, de acordo co que se establece nos artigos 91 e 95 da LIS, dos capítulos VIII e IX do título VII da devandita lei.

Consignaranse na clave [00381], como aumento do resultado contable, as cantidades que no seu día reduciron a base impoñible por factor de esgotamento e que por incumprimento dos requisitos conforme ao que se dispón nos artigos 94 e 97 da Lei do Imposto sobre Sociedades, deban ser integradas na base impoñible no exercicio obxecto de declaración.

No suposto de sociedades cooperativas, deberá trasladarse con signo positivo o contido da clave [00381] ás claves [C11] e / ou [E11] que figuran na páxina 22 do modelo 200, segundo o carácter cooperativo ou extracooperativo da corrección ao resultado contable. Con igual criterio deberá trasladarse as citadas claves o contido da clave [00382], neste caso con signo negativo, ao tratarse dunha diminución ao resultado da conta de perdas e ganancias.