1.1 Introdución
O servizo de axuda SOCIEDADES WEB permite o acceso directo ao servidor da AEAT para tramitar e presentar a declaración do imposto, sen necesidade de ter que descargar un programa de axuda nun ordenador.
Deste xeito, utilizando calquera dispositivo electrónico que permita a súa conexión con este servidor, pode procederse a cubrir a declaración do Imposto sobre Sociedades. Se non dispón de todos os datos para a presentación da declaración Sociedades Web tamén lle permite gardar as modificacións que faga e acceder posteriormente desde calquera dispositivo a continuar cubrindo a declaración cos datos pendentes, modificaros ou, se é o caso, acceder a unha nova declaración.
A través desta axuda para a presentación da declaración do Imposto sobre Sociedades (modelo 200) con Sociedades Web ofrecémoslle información detallada sobre o seu funcionamento e sobre a normativa aplicable aos datos que deben cubrirse na declaración.
Tamén pode realizar simulacións de posibles declaracións de Sociedades mediante o servizo “Sociedades WEB Open (Simulador)”. Non obstante, os cálculos e probas realizadas con este programa non lle permitirán presentar as declaracións de Sociedades efectuadas, xa que para iso cómpre utilizar Sociedades WEB. O seu acceso é non autenticado, de xeito que non se require certificado electrónico.